sexta-feira, janeiro 23, 2009

Aníbal volve?


Nun magnifico artigo, hoxe no Luces do País, Daniel Salgado fai unha relación dos bartlebys das nosas letras. Nel recolle unhas declaracións do mudiño máis senlleiro da nosa literatura, Anibal C. Malvar, nas que desvela que traballa nunha novela "que xa está avanzada", para logo insinúar de que ten presente como modelo Os miserábeis de Victor Hugo. Eu xa estou a esfregar as máns.
Penso que se ao final se concreta, está xa é a nova máis importante deste ano na nosa literatura.

1 comentário:

Anónimo disse...

Anibal C. Malvar volve? Boa noticia! Creo que unha das súas (escasas) intervencións que tivo por Galiza ultimamente foi no 2004, cando presentou un libro de Diego Ameixeiras en Ourense. Leremos a Malvar con gusto!