terça-feira, janeiro 10, 2006

Xaxún

Levo dous meses documentándome para unha novela e xa fixen o esquema xeral, así que vai sendo hora que me poña ao tallo sen repouso nin descanso, ou a miña cabeza, a mesa e a memoria do ordenador van botar fóra ateigadas coma están de mapas, rueiros, documentos, personaxes e fotografías. Ven todo isto a conto, a que durante uns tres meses a miña ración diaria de alfaias e de lecturas e comentarios no blogomillo reduciranse en grande medida. Agardo que este temporal xaxún me veña ben pois creo que ultimamente non estaba a altura do que merecedes ou do que por calidade e interese leo nos blogues dos demais.

10 comentários:

máis alá disse...

Non sexas modesto. Unha alfaia, por pequena que sexa, ten o seu valor.
Sorte coa novela.

Ian disse...

Que deixe de escribir (un pouco) aquí para escribir a súa novela non é mal investimento para nós, os seus lectores. Que deixe de lernos (un pouco) para poder lelo a vostede, tampouco. Que as letras imaxinadas lle sexan propicias.

Peke disse...

Moita sorte co proxecto. :)

Laurindinha disse...

Moita sorte co proxecto!
E non sexas modesto valorando o teu blog!

Anónimo disse...

Forza e saúde para levar adiante o seu proxecto.
Unha aperta.
:)

Veloso disse...

Agardamos esa novela, é dicir, esas novelas. Ánimo, Folerpa, nulla dies sine linea.

hojasdehierba disse...

Eu case prefiro que sexa modesto co seu blog e non que sexa fachendoso ;)))
Unha aperta e que pague a pena o xaxún.

Unknown disse...

Háselle botar en falta, pero a causa meréceo. Sorte e moito ánimo!

Kavafinho disse...

Tes maña e mundo dabondo na cabeza como para non ter que documentarte máis. Dálle lume!

folerpa disse...

Grazas a todos polos vosos azos, mantereivos informados da angueira, Merecédelo.