
Este sábado día 2 de maio falarei de O Carteiro de Bagdad con Rivadulla Corcón na Radio Pública Galega a partir das 14.30, quedades todos convidados.
"A lingua é a pel. A cor da pel vai canda nós a calquera lugar." Manuel Veiga


De todos os austeros fastos dos novos conselleiros de onte chámame moito a atención que nun estado aconfesional como o español sega sendo noticia que dous deles prometeran o cargo, Educación e Traballo, cando o sorprendente e que oito deles aínda o xuraran, deben de ser conselleiros pola graza de Deus e non polo dedo de Feijoo ou de Louzán. Amais, toda a cerimonia faise perante un crucifixo e unha bibilia, en fin...

