
segunda-feira, março 15, 2010
terça-feira, maio 12, 2009
As afinidades electivas

Quizabes a calidade que mellor nos defina aos blogueiros sexa o desencanto. Ciclicamente, melancólicos, certificamos a nosa morte e redactamos o noso propio obituario.
Esmorecen os xornais en papel, disque tamén os libros, e agora a este ladaíña interminábel de cadáveres seica tamén hai que engadir o blogomillo. Asistimos ao noso velorio, soterrámonos e os máis crentes reencarnámonos nun perfil que din que nos define, pero que reduce as nosas vidas a unha listaxe de gustos e preferencias tan baleira coma esa soidade da que renegamos. Procuramos centos de amigos e agregámolos nese patio de rexoubas tan grande e solitario coma un deserto. Cada gran, un amigo. Todo eles collen nunha presada de area que cando nos decatemos esluirase entre os nosos dedos. Volvemos coleccionar cromos coma cando nenos; cambiámolos e durante un tempo vivimos coa ilusión de completar o álbum, que de seguro ficara nun recuncho poeirento.
Estamos en crise, si, mais a unión fai a forza. Concentrémonos, sumemos esforzos e recursos e conformemos un só equipo. Eu xa calcei as botas e partir de agora xogarei neste novo campo. Nuns días irei afacéndome e percorrerei a banda coma sempre.
segunda-feira, maio 11, 2009
sexta-feira, maio 08, 2009
Parabéns, Monsieur Giraud

quinta-feira, maio 07, 2009
quarta-feira, maio 06, 2009
Galegao

―A Castelao le gustaba mucho el gallego, no?
―Abofé que si, xa cho contei.
―Pues si tanto le gustaba bien se podía llamar Galegao y no Castelao.
Recoñezo que tardei en collelo e mo tivo que explicar, pero logo escachamos os dous a rir coma parvos. Eu pola súa brincadeira e el, supoño, que satisfeito pola súa enxeñosa ocorrencia.
terça-feira, maio 05, 2009
segunda-feira, maio 04, 2009
sexta-feira, maio 01, 2009
MUSA GALEGA
Aturei a gala da entrega dos Mestre Mateo á espera de que alguén saise en defensa da nosa lingua. Tras moitas referencias a paralise do sector por mor da crise e do troco de goberno tivo que chegar a gran BELEN REGUEIRA para poñer as cousas no seu sitio. Belén non necesita dun premio para que moitos saibamos que é a mellor comunicadora deste pais de ananos, e como tal defendeu a nosa lingua e a dos nos fillos ("o coñecemento sempre suma"), valente e sentida, dun xeito que me emocionou. Mágoa dun plano do conselleiro de Turismo nese intre, pois andaba por alí co seu rostro cosmopolita. Mentres outros fican incomprensiblemente calados, ela falou ben alto e ben clariño.
Máis tarde un dos premiados agrdeceulle de xeito persoal o seu discurso e adicou o seu premio ao seu fillo Nuno, creo que se chamaba, a quen coñecen polo alcume do neno que fala galego no barrio da Coruña onde vive. Eu quero darlle azos a ese pai para que siga na loita. Eu rendinme hai tempo; meu fillo entrou na primaria coma galego falante e en Nadal xa perdera a súa lingua. A miña filla malia que lle falamos en galego case non o emprega, o seu compañeiro de xogos, o seu irmán e o seu principal referente idiomático. Ulos están os seus dereitos cívicos ? En ningures, ese dereitos só existen para os castelán falantes.
Grazas Belén, no meu nome e no dos meus fillos Lucas e Zoe.
quinta-feira, abril 30, 2009
A casa do Vagabundo
quarta-feira, abril 29, 2009
A aceifa...

(Sobre a ilegalidade da medida os seus complacentes asesores xurídicos poden dicir misa pois dende o primeiro ano de facultade aprendiase que una norma de rango inferior non pode derogar unha superior como se pretende facer: a orde presidencial, xa de por si de dubidosa legalidade competencial, de que a inspección de educación dite tal circular supón unha derogación ímplicta do decreto do galego, pasándose polo forro toda a xerarquía normativa. E mentres tanto o modelno conselleiro de educación mirando cara a outro lado e precupándose das subvencisóns dos colexios do Opus que discriminan por razón de sexo ao seu alumnado. O outro día o mestre Xabier Docampo chamabanos a resistencia pácifica, pero isto pinta moi mal, as agresións sucédense unha tras outra. Imos ter que tomar as armas, é a nosa lexítima defensa.)
Patas de peixe
terça-feira, abril 28, 2009
A culturiña
Somos un fato de limitadiños que precisamos dun berniz cosmopolita e políglota como o do que presume o Conselleiro de Turismo. Como seica ainda ten chea de cocacolas e sandwichs de polo a neveira da súa casa en Nova Iorque, podería ir organizando nela estadías e residencias de artistas e escritores galegos. Así poderíamos caer da burra dunha vez e unirnos a esa gran Cultura global, que é o que este país precisa para sair dunha vez por todas do seu atraso secular.
segunda-feira, abril 27, 2009
Nihil Obstat
sábado, abril 25, 2009
quinta-feira, abril 23, 2009
Made in Galiza

"La cultura gallega está muy bien pero limita, prefiero la cultura hecha en Galicia"
"... fomentando o de Galicia ou que se produce en Galicia, non só o que abrangue o adxectivo galego . No meu mandato proxectarei a cultura que se fai aquí, sexa quen sexa, na lingua que sexa."
terça-feira, abril 21, 2009
De crucifixos e bandeiras
De todos os austeros fastos dos novos conselleiros de onte chámame moito a atención que nun estado aconfesional como o español sega sendo noticia que dous deles prometeran o cargo, Educación e Traballo, cando o sorprendente e que oito deles aínda o xuraran, deben de ser conselleiros pola graza de Deus e non polo dedo de Feijoo ou de Louzán. Amais, toda a cerimonia faise perante un crucifixo e unha bibilia, en fin...Nas súas primeiras declaracións todos eles, coa lección ben aprendida coma un fato de mainiñas ovellas, dixeron aquilo de programa, programa e programa; agás o conselleiro de Turismo que anda coa perrencha do Xacobeo 2010. Todo cheira a un presidencialismo atroz, co Presidente acumulando máis e máis competencias, igualdade incluida, e esculcando aos seus dez mágnificos para que ningún saque os pés do prato.
segunda-feira, abril 20, 2009
Distopía

O corpo do J.G. Ballard, probalablemente un dos mellores e máis influintes escritores da segunda metade do Século XX, e un dos meus preferidos, regresou onte á terra agostada e deixou baleiro o seu escritorio. Nesta foto conversa con gran J.L. Borges. Sempre pensei que nesa conversa había un grande novela que xa quederá sen escribir ou quizabes non? Vaian estes vellos versos na súa lembranza.
Anacos de cristal pingan na autoestrada
e o sangue e o tempo
estouran en millóns de glóbulos vermellos.




