Á proposta de Jaureguizar vou tirarme do carro en marcha e teorizar un chisco, coma humilde lector, sobre ese andazo de blogueiros que se estende sobre os nosos premios de narrativa máis recentes.
Parto da base de que os xurados descoñecían a condición de blogueiros dos premiados e do feito de que non lin nin Os Mércores de Fra nin Spam, pero si Cabaret Voltaire e Licor de abelá con xeo.
Para min estas dúas obras sobrancean no recente panorama literario galego, tanto pola súa innovación temática como polos os seus achados estruturais. Parecen dúas obras máis próximas ao panorama narrativo actual, por unha banda a parodia e o pastiche dun xénero clásico coma a novela de espías e pola outra a escritura cinematográfica cunha montaxe simultánea e en paralelo de varias accións que conflúen nun desenlace común. Asemade os xurados de todos eses premios, incluídos os máis recentes coincidiron nas súas apreciacións sobre a as obras, innovación, ruptura, frescura.Poden parecer lugares comúns, pero non creo que sexa unha coincidencia, supoño que ten que ser síntoma de algo.
Isto, que parece en principio non ter relación ningunha co feito de que os seus autores sexan blogueiros si que o ten e moito, penso eu. O feito de escribir e ter unha canle diaria de comunicación aberta cos lectores aínda que non sexa estritamente sobre o traballo literario, penso que enriquece e abre as perspectivas, facendo saír ao autor do seu escritorio e abríndose a unha nova literacidade como diría Brétemas. Unha xustaposición de recursos procedentes dese rebumbio de xéneros e voces que habitan a rede e que mudan día a día. Penso que estamos, dentro das ecidentes diferenzas existentes entre os autores, ante o que poderiamos denominar Xeración Blogueira.
E déixoo xa que isto semella a lección maxistral dun profesor universitario ou unha paxarada miña.
quarta-feira, maio 31, 2006
terça-feira, maio 30, 2006
Preguntas
Que pensariamos se mañá o diario A Opinión da Coruña destacase na súa portada a nova de que unha banda viguesa anda a asaltar os chalés da súa vila?
Ou se o Faro de Vigo dixese que unha banda coruñesa é a responsábel dos asaltos as casas desta cidade?
Supoño que moitos dunha banda e outra da autoestrada nos alporizariamos, falariamos dos localismos de sempre, dunha rivalidade que non ten sentido.
Pois ben, se os asaltantes son romanos, albaneses ou kosovares o dato repítese ata extenuación nos telexornais, sen que ninguén se alporice, e os políticos coma un coro de traxedia grega únense a festa coas súas declaracións xenófobas. Coa reiteración e a continua repetición dunha nova puntual xérase unha innecesaria alarma social que dispara as audiencias televisivas, os sentimentos racistas e a venda de cámaras e sistemas de seguridade para as ben fornecidas facendas que eses paramilitares estranxeiros véñennos roubar.
Namentres, os caiucos seguen chegando as illas ateigados coa desesperanza duns homes e mulleres que renegan da súa patria, que agochan a súa orixe e a dos seus devanceiros para non seren repatriados de regreso ao inferno en que mudou a súa terra, e que ledos trocan polo insalubre aparcadoiro onde os amorean coma animais.

segunda-feira, maio 29, 2006
A República dos blogueiros
A rolda comezouna Jaureguizar gañando o García Barros o ano pasado, seguiu despois Veloso coma finalista do Lueiro Rei, que recuncou gañando o Risco de literatura fantástica e polo de agora púxolle o provisional broche Náufrago co Blanco Amor esta fin de semana. A república das nosas letras esta mudar nunha república de blogueiros e eu alégrome. Moitos parabéns a todos eles e que siga a racha.
quinta-feira, maio 25, 2006
Xurado
Teño dende fai uns días sobre a miña mesa os orixinais. Nos seus versos un feixe de poetas puxeron as súas máis fondas arelas, coma fixen eu xa fai máis dun ano. Sinto unha enorme responsabilidade, non me sinto capaz de xulgalos pero teño que facelo. Nunca pensei que estar da outra banda puidera ser tan complexo. Agardo acertar co meu veredicto
quarta-feira, maio 24, 2006
Proposición
A tempo de tentar a principal caída
despóxome da gloria e da semente da riqueza.
Na face destes días primitivos,
en posesión
da culpa divina
ou do misterio da Razón,
escribir con delicadeza
nunha caixa de Pandora
de delor.
Lois Pereiro
(Hoxe, e van alá dez anos dende a súa perda, eu coma Jaureguizar insisto tamén.)

terça-feira, maio 23, 2006
Brincadeiras
Os nomes dos xogos populares en Galiza son coma os dos peixes que sendo os mesmos varían dunha comarca a outra, dunha parroquia a outra. No meu post anterior eu citaba tres polos nomes que lles daba de nenos e que agora aclaro ante as vosas peticións, aínda que supoño que máis dun xogaría a eles algunha vez:
-A chopa, así lle chamabamos os rapaces de Baión, terra dos meus avós maternos, ao xogo que meu fillo chama a pita e outros chaman a queda ou a cola, un apanda é persigue aos compañeiros ata tocalos a todos, quedando na seguinte rolda o primeiro que foi pillado.
-O peltre, tamén chamado patefa, raia, peletre, chapa, tella, rodela ou mariola, xogo infantil que Cortazar inmortalizou para sempre na súa máis coñecida novela.
-O pincho, unha variedade do anterior que eu xogaba na EXB a carón da vella fábrica de Skol e a sombra da autoestrada, en vez de lanzarse unha tella ao encrucillado cravábase un pincho en cada casa, normalmente un desaparafusador.
Outro día falarei dos tutelos, do marro, do pano e dos partidos de béisbol, si de béisbol, que xogaba no campo da Torre en Vilagarcía.

segunda-feira, maio 22, 2006
Os tempos están mudando
O meu maior éxito cos nenos da escola do meu fillo a semana pasada foi mostrarlles como guindar unha buxaina. As mestras organizaron unha pequena exposición de xoguetes antigos aportados polas familias: moita madeira, folla de lata e bonecas sesenteiras. Dos corenta nenos da escola entre tres e seis anos ningún deles sabía como xogar con ela, algún nin vira unha xamais, e moito menos sabían enlear a piola. Eu fíxenlles unha demostración e algúns animáronse con máis pena que gloria, a pesares de que moitos son capaces de facer verdadeiras diabruras co mando ateigado de botóns dunha consola.
Mellor non falarlles do pincho, do peltre, das canicas, do ovopicoaraña, ou da chopa. Isto, compañeiro, é o declive dos xéneros clásicos.
Mellor non falarlles do pincho, do peltre, das canicas, do ovopicoaraña, ou da chopa. Isto, compañeiro, é o declive dos xéneros clásicos.
sexta-feira, maio 19, 2006
Cacharradas
O máis triste do acontecido onte na Deputación de Lugo, amais dos xeitos exhibicionistas do fachendoso fiscal, foi a actitude dos corporativistas funcionarios pola actuación policial á hora de deter aos seus compañeiros e esposalos, “nin que mataran a alguén” chegaron a comentar, e as manifestacións do seu alporizado presidente. Pero o máis grave é ler hoxe na prensa a tódolos opinadores e comentaristas resinados ante a evidencia e afirmando que o asunto era sabido e que non hai que botarse as mans a cabeza. Supoño que isto é un claro exemplo dixo que chaman normalidade democrática.
Subscrever:
Mensagens (Atom)