“...malia os avances conseguidos, calquera pode constatar nos andeis das librarías que a presenza de narradoras segue a ser inferior á das poetisas e á dos novos narradores que, a través dos permiso de narrativa, se van incorporando ao sistema literario galego. E se as mulleres xa dispoñen de tempo material e teñen un bo dominio da lingua escrita, haberá que buscar outras razóns que expliquen por que este tipo de obras escritas en feminino son tan escasas. Non será que os valores de xénero seguen modulando os comportamentos sociais e familiares, e que as mulleres aínda soportan a maior carga de traballo na familia? As escritoras galegas, como en xeral as doutros países, deben ser conscientes de que polo de agora terán maiores esixencias e máis traballo ca os seus colegas masculinos, O reto é grande porque, sen renunciaren aos seus intereses como mulleres e á súa profesión, deben facer obras que estimulen á lectura a un amplo abano de lectores e de lectoras cons gustos diversos.”
Camiño Noia, Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, 2004, pax. 199.
sexta-feira, junho 30, 2006
quarta-feira, junho 28, 2006
Es que yo trabajo todo el día
Nos meus dous anos á fronte da ANPA da escola infantil do meu fillo esta foi a frase coa que a maioría das nais e pais desculparon a súa nula implicación na educación dos seus fillos. Sobre un censo de 40 nenos cóntanse cos dedos dunha man as nais e pais que contribuíron co seu tempo, traballo e ideas a facer da escola algo máis que un aparcadoiro de rapaces, todos eles por suposto, fican no paro e teñen tempo de sobra para estas caralladas, coma me dixo algún dos desinteresados. A maioría pasaron e outros ademais de pasar aínda protestaron, polo uso do galego, polo tipo de actividades, pola talla ou a cor das camisetas...en fin unha autentica desolación.
A frase converteuse nun retrouso co que xustificar a súa inactividade, unha patente de corso coa que xustificar o seu desleixo pola educación dos nenos. Supoño que esta mesma frase lla espetaran aos seus fillos o día de mañá cando xurda algún problema ou lles fagan algunha recriminación polo seu labor.
(En homenaxe a Marta Mata e a todo os defensores da escola pública)

segunda-feira, junho 26, 2006
Por que son escritor ?
Como di Náufrago, non teño nin idea, pero son escritor dende sempre.
Os meus primeiros relatos deberon ser aló por quinto de EXB. Era unha saga titulada "As aventuras do Alerta K-5", tratábase das aventuras do barco do titulo máis o seu capitán polos setes mares. Do comezo ao final era todo un misceláneo plaxio, tanto textos coma ilustracións, dos moitos libros lidos de London, Melville , Salgari e Stevenson. Esta obra fica xa perdida para sempre.
Pasaron despois moitos ano en que sendo escritor non escribía, ocupado como estaba en ler, ver e oír o que outros escribían, rodaban ou compoñían.
Espertei novamente no instituto, en 1º ou 2º de BUP, e presenteime o ao concurso de poesía e relatos que se organizaba co gallo do día das letras galegas cando aínda era electivo. Gañei o 2º premio co conto “Arturofrenia” e o primeiro en poesía. Estas obras non están perdidas e aínda as conservo nun cartafol na casa.
Outra vez pasaron moitos anos en que sendo escritor non escribía, ocupado como estaba nas esmorgas santiaguesas e en ler, ver e oír máis cousas que outros escribían, rodaban ou compoñían.
Con sinceridade, eu non pretendo entender o mundo a través da palabra. O que trato, creo, e crear o meu propio mundo segundo os meus designios e que os demais entren nel e o gocen. Non sei, recoñezo que escribo por necesidade vital, e tiro para adiante sen pensar moito no fin do que escribo. Iso, penso e responsabilidade de cada lector, do que lle sirva a cada un deles. Exemplo disto penso que é o feito de que non lin os dous libros que publiquei ata o de agora, no momento que fican editados xa non me pertencen, é máis ata sinto certo pudor cando os folleo e leo algo solto, non recoñezo ao escritor. Eu fixen de mensaxeiro e non me corresponde a min recibir a mensaxe e descifrala iso é función dos lectores.
Así que supoño que por todo iso debe de ser que son escritor.

sexta-feira, junho 23, 2006
A noite dos fachucos
Onte na presentación en Carral case monopolicei o acto. Coma voceiro do xurado louvei o poemario de Isidro Novo, que viña ademais de gañar o SanClemente e que nos recitou uns versos, para despois presentar o meu. A edición quedou ben fermosa coa reprodución na cuberta dun gravado chinés coas súas características tipografías. Despois na cea, a que se uniu Anxeles Pena ausente no acto por outro compromiso, pasámolo pipa ata ben entrada a madrugada na compaña do Alcalde, Florinda a concelleira de Cultura, Isa a bibliotecaria e Carlos o técnico de cultura. Non teño máis que agradecementos para o Concello polo seu trato e cariño, o ano que ven coa décima convocatoria do premio agardan facer algo especial e ao mellor xuntan a todos os gañadores con recital incluído, xa veremos.
A cea no Mesón Herves foi fantástica, acompañada por un viño galego que dará que falar, o tinto de Abadía de Gomariz colleita do 2004, unhas sobremesas caseiras e unhas gorentosas cereixas do Jerte grandes coma puños. A visita ao mesón non só merece a pena pola súa cociña e o bo facer do seu dono, grande catador de viños e cigarros, no exterior do comedor con vistas ao val hai un cacto xigantesco de máis de cincuenta anos cuxas flores ábrense co solpor e péchanse co abrente, un verdadeiro espectáculo. Despois de soprar no alcoholímetro de peto de Isidro e ver cos meus niveis entraban dentro do aceptábel, emprendín o regreso a Vigo.
Pola autoestrada coas luces longas do coche acoitelando a noite cruceime con moitos trailers que carrexaban o remol do día esquecido e namentres na radio soaban vellas cancións da psicodelia dos sesenta sentinme fondamente feliz.

quarta-feira, junho 21, 2006
Presentación
Mañá día 22 de xuño na Biblioteca Municipal de Carral ás 20 horas procederase a entrega do premio de poesía do Concello de Carral 2006 a Isidro Novo, o mesmo acto servirá para presentar o meu libro Cartas do terceiro día, gañador da edición do 2005 deste certame. Qudades todos convidados.
terça-feira, junho 20, 2006
A República dos blogueiros IV
No día en que a estupidez humana acadou unhas das súas máis altas curotas, o rolda de blogueiros gañadores de certames interrómpese momentaneamente co García Barros que ven de gañar Manuel Veiga, periodista, cunha novela de fermoso título: Lois e Elena buscándose na tormenta. Moitos parabéns para el.
Co devalar do ano xa só queda o Lueiro Rey á procura de gañador, do Torrente Ballester xa nin falo, pois leva un par de anos perdido por Castela na procura dun perfil de escritor sobradamente preparado, aínda que estaría ben que un blogueiro o recuperase para a nosa lingua.

segunda-feira, junho 19, 2006
Abstinencia
Hoxe, despois de máis dun mes de non escribir nada, comecei unha nova historia. Tecleei neste mesmo ordenador no que agora escribo as primeiras 236 palabras. Trátase dunha obra para rapaces, que visto os resultados recentes doutras das miñas xeiras, debe ser o meu. Descoñezo a onde me vai levar, coma sempre non tracei plan algún, teño un comezo e un final pero ignoro o revirado camiño que os ten que conectar.
Sempre que estou no medio de dous proxectos asáltanme as dúbidas e síntome baldeiro coma se non tivese nada máis dentro. Despois devagar, e tras días de matinacións, vou trazando no caletre as liñas que me guían cara a un personaxe ou unha historia. Recoñezo que normalmente son coma pequenos lóstregos visuais, coma nun filme vexo moitas escenas, ata que nunha delas atopo o encadre perfecto de onde agromará a historia. Supoño que como dicía a canción todo na vida é cine e o soños cine son, e a literaura tamén, engadiría eu.

sexta-feira, junho 16, 2006
Subscrever:
Mensagens (Atom)