...xa comezou e o gran caudillo das hostes da amabilidade lingüística baixou o seu polgar condenando a morte a todos aqueles infieis que non falén en cristián.
(Sobre a ilegalidade da medida os seus complacentes asesores xurídicos poden dicir misa pois dende o primeiro ano de facultade aprendiase que una norma de rango inferior non pode derogar unha superior como se pretende facer: a orde presidencial, xa de por si de dubidosa legalidade competencial, de que a inspección de educación dite tal circular supón unha derogación ímplicta do decreto do galego, pasándose polo forro toda a xerarquía normativa. E mentres tanto o modelno conselleiro de educación mirando cara a outro lado e precupándose das subvencisóns dos colexios do Opus que discriminan por razón de sexo ao seu alumnado. O outro día o mestre Xabier Docampo chamabanos a resistencia pácifica, pero isto pinta moi mal, as agresións sucédense unha tras outra. Imos ter que tomar as armas, é a nosa lexítima defensa.)
Hai xentiña que non aprende e segue a traballar pola nosa culturiña. Hoxe, ás 20.30 na sala Ultramarinos de Compostela (Casas Reais 34) e coa compaña musical do grupo Stranniki un fato de arroutados presentan a nova editora Patas de Peixe que xa ten nas librarías unha mágnifica e coidada edición de O incrible neno devorador de libros do gran Oliver Jeffers que vos recomendo a todos. Benvidos sexan estes pobres toliños.
A nosa non é unha Cultura con maiusculas, é unha culturiña para andar pola casa en bata e chinelas e non saír nunca a rúa, non vaia ser que nos avergonce ou se arrefríe. Unha culturiña de corpo 12 que xamais acadará a altura precisa pois só mirá para os seus pés e cae seguido no vitimismo. Unha culturiña chea de artistiños locais que cortos de miras nada teñen que dicir alén do Padornelo. Unha culturiña de escritores que se limitan e porfían teimudos en empregar unha neolingüa, un dialecto artificial conservado grazas a un feixe de labregos analfabetos. Unha culturiña á que, de cando e vez, lle chove un premio nacional, pero só por aquilo de gardar as formas. Somos un fato de limitadiños que precisamos dun berniz cosmopolita e políglota como o do que presume o Conselleiro de Turismo. Como seica ainda ten chea de cocacolas e sandwichs de polo a neveira da súa casa en Nova Iorque, podería ir organizando nela estadías e residencias de artistas e escritores galegos. Así poderíamos caer da burra dunha vez e unirnos a esa gran Cultura global, que é o que este país precisa para sair dunha vez por todas do seu atraso secular.
Deixovos unha nova anotación no obradoiro da rúa d´Armada cunha nova crítica de Festina Lente, quizabes a derradeira, aparecida esta fin de semana no sumplemento cultural do ABC.
O políglota e cosmopolita conselleiro de Turismo non fala catalán na intimidade como Aznar, mais le uns versos dese perigoso radical de esquerdas que é Ferrín antes de durmir. E cóntanos máis e máis cousas perante unha coca-cola e un sanwich: