segunda-feira, setembro 12, 2005

Burguer King ou Burguer Queen

Deixo as notas do meu caderno de verán para mellor ocasión e volvo a dura realidade.
O sábado co mal tempo sesión de cine con meu fillo. El olla abraiado a pirotecnia visual e baleira de ultima de Tin Burton e eu decepcionado e morriñento lémbrome daquela vella versión de 1971 cun entolecido Gene Wilde-Willy Wonka e uns unpalumpas bastantes máis simpáticos e mellores cantantes que os actuais.
A saída obrigada merenda no Burguer onde ao pedir o seu menú a rapaza que me atende pregúntame se é para ¿¿¿¿¿¿¿¿ neno ou nena ????????, eu quedo arrepiado e critico o sexista da promoción - ao parecer hai agasallos para nena ou para neno co menú -. Ela explícame que foron as protestas dos pais polos agasallos dos seus fillos os que os obrigaron a facer a pregunta de rigor.
Namentres meu fillo papa as patacas e a salchicha eu vexo no folleto en que consistían eses agasallos tan femininos que ergueron aos pais en armas: Unha boneca da nena protagonista da serie de TV, un boneco do seu gato e unhas gafas de sol, iso si, de cor rosa.
E pensar que un dos primeiros xoguetes do meu fillo foi unha cociña coa que aínda xoga hoxe con cinco anos xunto con súa irmá pequena as comiditas.
Cousas veredes.

2 comentários:

Anónimo disse...

O máis grave non é iso, senón que a xente xa non se abria diante dese retroceso. Moita xente, de feito, teríache por un maleducado por facer esa xusta pregunta sobre o sexismo.

Anónimo disse...

Anque ninguén parece miralo,o retroceso vai a máis.Senón que é ese posibilidad pensada (¿?¿?¡!)polos diputados canadienses de autorizar a sharia a comunidade islámica de por alá.