segunda-feira, setembro 19, 2005

Obscenidades

Sempre me pasou. O que os ben pensantes cualifican de obsceno a min paréceme do máis axeitado e pola contra o que eu considero obsceno era para eles un expresión máis do marabilloso mundo globalizado onde viven. Ven esta reflexión ao caso do seguinte.
Os venres pola tarde acudín co meu fillo a unha imaxinaria xoguetería a mercar un agasallo para unha compañeira de escola que cumpría anos e o convidara a súa festa o domingo. Nos estantes entre outras moitas cousas ficaban perfectas e mínimas réplicas de produtos alimenticios reais para que os fillos dos ben pensantes estragasen xogando ás comidiñas. Así 20 gramos, repito, 20 gramos de pasta ou garavanzos ou fariña custaban 2 €, repito 2 €. É dicir, que no mellor dos casos o prezo deses 20 gramiños quintuplicaban o prezo real dun quilo. A min percorreume un calafrío por tamaña impudicia cometida nun produto para nenos.
Meu fillo empeñouse en mercalos para a súa cociña de xoguete e por suposto foise coas mans baleiras. A mágoa duroulle ben pouco, ata que puido gozar cos magníficos SOUVENIRS de Fran Herbello no Anexo do MARCO, brincando coa irmá na fresca herba ao son dos grilos ou espertando arreo a un canso pastor alemán.
O sábado pola mañá cando facíamos a compra no hiper súa nai fíxolle unha demostración práctica da cantidade de pasta ou garavanzos que podía mercar con 2 € e a moita xentiña que podería comer con ela.

2 comentários:

Anónimo disse...

Meu benquerido folerpa estou totalmente de acordo coa túa reflexion. Eu acudín estes días a unha tenda moderna e globalizada, moi real, de roupa infantil. Non había pantalóns de gomas frouxos e cómodos para a miña nena de tres anos, nin chandals para facer deporte ... (debían ter outra funcionalidade que eu non acertei a adiviñar) Nos estantes de nenos si que había pero non merquei nada por cabreo. Eso sí, na entrada da tenda barras de labios, laca de unhllas ... En fin, sen comentarios.
Un bico.

Laurindinha disse...

Tendes razón, obscenidades, obscenidades...