segunda-feira, outubro 24, 2005

Tódolos nomes

Vivimos nun tempo no que as verbas abandonan os libros e en ringleiras coma afoutados guerreiros encamíñanse ao campo de batalla. Alí en nome da moral, da relixión ou da ideoloxía dalgúns ou do politicamente correcto úsanse coma armas de destrución masiva. Das vellas guerras médicas ou púnicas chegamos a estas guerras nominalistas. Do sacro matrimonio dalgúns, ás nacións dos outros ou a guerra do ministro da guerra que non a quere.
Queremos que saquen as súas suxas mans das verbas, que as ceiben do seu cárcere político e moralista e que estas libres volvan a galopar nas chairas impresas na procura do lector que atento e sen prexuízos goce delas.

3 comentários:

máis alá disse...

Moi ben dito Folerpa e ademais repetido para que non haxa malentendidos. Tes moita razón, agora fan guerra polas verbas: non se pode dicir matrimonio, non se pode dicir nación, etc. O peor son as palabras que, sendo fermosas, son manipuladas e cando saen dalgunhas bocas convértense en vomito podre (refírome ás do estilo de “liberdade duradeira”)

Anónimo disse...

¿Por que non explica un pouquiño para os que non sabemos nada eso da vivenda unifamiliar incendiada, ou algo así?

folerpa disse...

Pepin os "incendios provocados en vivendas unifamiliares" foi un libriño de poemas que autupubliquei fai moitos anos como agasallo para un grupo de amigos. Ás veces por morriña posteo algún daqueles versos e alguén o recoñece.