quarta-feira, novembro 16, 2005

Blogs na Voz

Subscribo verba por verba o que di Martin Pawley no seu post de onte (Non poño enlace porque coma gutemberiano reciclado isto do hipertexto supera as miñas escasas habelencias informáticas) sobre o especial sobre os blogues no Culturas da Voz do sábado, incluído o do vehemente artigo de Mr. Wind.
Eu mesmo coma blogueiro citado sentín un chisco de vergoña ante a ausencia dalgúns dos meus favoritos e doutros veteranos do blogomillo.

1 comentário:

máis alá disse...

A min tamén me custaba pór enlaces así que escribo o texto no Word que é máis fácil de facer os hipervínculos, e ademais o corrector en galego vai bastante ben. Despois só teño que copiar e pegar.