quinta-feira, dezembro 22, 2005

Glutamato Yeyé

Nunca comprendín a ansia voraz e o apetito desmedido que provocan nos meus fillos, na pequerrecha de 17 meses tamén, os jojitos ou gusanitos ou patatillas e que non se producen con calquera outra lambetada das que comen. Descóbrese agora segundo un estudio dunha universidade que un aditivo que conteñen especialmente estes petiscos salgados, o E-621 ou glutamato monosódico, incrementa nos ratos a voracidade ata un 40%.
Dende hoxe mesmo meus fillos deixan de ser coma cobaias de laboratorio.

4 comentários:

Marinha de Allegue disse...

Di o dito:- perdónolle o mal que me fai polo ben que me sabe.
Eu non lle perdoo.
:)

hojasdehierba disse...

O do aumento da voracidade soa realmente mal... :(
¿E dis que tamén o levan as patacas fritidas de bolsa?
Saúdos.

Anónimo disse...

Perdón, pero o famoso glutamato mosódico está presente nunha moi amplia variedade de productos: Esto é dun corta e pega:

"Actualmente, el MSG se añade a dulces, goma de mascar (chicles), condimentos, sazonadores, salsa catsup, salsa inglesa, salsa de soya, todas las otras salsas, gelatinas, extractos de levadura, caseinato de calcio, sopas, bebidas de frutas, refrescos y sodas, cerveza, gluten de maíz, casi todas las botanitas (papas adobadas, etc.), tofu, leche de soya, leche industrializada, leche baja en grasas, quesos (particularmente en el queso parmesano), jabones, champúes, acondicionadores de cabello, cosméticos, medicamentos, vacuna para la viruela, etc. En la actualidad, el MSG se añade a casi todos alimentos producidos industrialmente, incluso a los alimentos para niños."

E efectivamente, ten efectos de potenciador non só do sabor senón tamén do apetito. No informe do link de abaixo (en inglés) falan de que serve para que persoas maiores recuperen o apetito.

http://ific.nisgroup.com/publications/reviews/upload/Glutamate-and-Monosodium-Glutamate.pdf

Mesmo os de Eroski preocúpanse un chisco en:

http://www.euroresidentes.com/Blogs/alimentacion/2005/12/glutamato-monosdico-o-e-621.html

Saudos

Alejandro Fedorento

Anónimo disse...

Nós nunca lle demos a opedriño cousas desas, pero sempre hai alguén que lle ofrece e cando está connosco dicimos que non, que non toma desas porcalladas, pero xa nos dixeron que os gusanitos, os devora. E sabemos de nenos que comen diso a cotío... unha mágoa.