segunda-feira, dezembro 19, 2005

Xantanza do blogomillo 05: conclusións

1ª:Os que estaban son, máis non estaban todos.
2ª Metabloguear é o peor e hai que tunear os blogues, Ascarida dixit.
3ª: Que vello me sentín enfronte dalgúns blogueiros dez ou quince anos máis novos.
4ª Mágoa que Mariademallou non fixese uso do seu botiquín laranxa de urxencias poéticas.
5ª: Que bo estaba o licor café.
6º Os da mesa do lado cantaban máis e mellor: hai que ir pensando nun himno do blogomillo.
7ª A musa e o muso do blogomillo: IC e FV.
8ºLevámonos todos demasiado ben, fai falla algo de polémica entre nós.
9ºFoi un pracer saudar, beber, comer e falar con vostedes.
(algunhas fotos na de Paleón)

5 comentários:

Peke disse...

Se chego a ir eu xa non te sentías tan vello ;). Mágoa que non puidese ir.

Vicente disse...

Boa síntese. Eu tamén me sentín algo vello, pero penso que é bo quedar cun grupo tan heteroxéneo nunhas cousas e que coincidimos tanto en outras. A ver que tal a IV edición.

Anónimo disse...

e coincidiamos no motivo :-) ...foi un prazer.

torredebabel disse...

mágoa que Bos Aires e Galicia estean tan lonxe ainda que estean tan preto. Graciñas pola crónica... Apertas!

mariademallou disse...

vaia...o do botiquín non había máis que pedilo! para min tamén foi un placer metabloguear e licorcafé na súa compaña ;) agardo pola do ano que ven impaciente!!!