quarta-feira, janeiro 04, 2006

Estrelas

No primeiro nº do ano de A Nosa Terra, pax.21, que podedes atopar nos quioscos, a consellería de cultura felicítanos o 2006 cun firmamento de estrelas galegas para a cultura do mundo, un cultura para construír o país que soñamos. Gustaríame saber quen foi ou funcionario ou asesor astronómico que fixo a delirante relación estelar chea de ananas xa extintas e ata unha estrela dobre, e esqueceu algún dos astros máis sobranceiros e tamén dos máis novos e audaces do noso firmamento cultural no eido das letras, da música ou das artes. Unha mágoa.
Algún articulista na Voz de hoxe pretende anexionar á nosa cultura aos escritores galegos en castelán, coma se Navokov repousase no panteón das letras rusas ou Conrad no das polacas. O que ten que que ler un a estas alturas do partido.

3 comentários:

hojasdehierba disse...

A través da ligazón ao artigo de Blanco Valdés (que é profe de Constitucional, así que tampouco hai que facerlle moito caso...) entérome de que AGORA o primeiro exame de auxiliares/subalternos da ¡¡¡¡Xunta!!!! ha ser en galego... ¿E que antes podía ser en castelán? (dou por feito que ha ser un tipo test).
Se é así, é que son máis inxenua do que pensaba: na vida pensei que un podía encher tests da Xunta en castelán, nin siquera baixo o governo do PePé.
Saúdos.

Veloso disse...

Pódovos falar un pouco da miña experiencia como ex-opositor. Antes dábanche uns impresos coas preguntas en castelán e galego, xunto coa folla na que había que marcar as respostas. Pero o impresionante viña nos exames de mecanografía, onde había que copiar un texto. Asegúrovos que, ante a miña perplexidade, o noventa por cento dos opositores pedía copiar o texto en castelán. Os que pediamos o de galego eramos unha rareza. Persoalmente, confeso que non son nada optimista co asunto da lingua. Como moito, creo que ao galego lle poden quedar dúas xeracións. Aínda así, teimemos.

Laurindinha disse...

Moi bo o argumento de Navokov e Conrad... Exemplificar con Lolita (unha obra da literatura rusa?) fai calar ó máis insistente...