quinta-feira, fevereiro 23, 2006

A Lucas e a Zoe, para que algún día tamén soñen mares


E unha sensación estraña ter o meu primeiro libro nas mans, de ledicia e tristura mesturadas, da perda do pai que ve coma seu fillo bota a andar polo mundo. De que xa é algo alleo a min que pertence aos lectores e aos andeis das librarías e bibliotecas.
Agradezo terme atopado nesta miña primeira andaina cunha editorial coma Tambre e cun editor - aínda que a el non lle gusta ese nome- coma Ignacio Chao a quen estarei sempre agradecido polo agarimo co que tratou o libro e o interese que puxo nel dende aqueles primeiros capítulos que lle enviei, polo entusiasmo no seu ollar cada vez que nos xuntamos para falar del. Co seu traballo está anovando a colección Catavento que coordina por novos vieiros afastados desa LIX de sota cabalo e rei, abríndoa a outras perspectivas e sendo receptivo a outras voces e outros ámbitos pouco trillados. Supoño que o feito de ser poeta denantes que editor terá algo que ver. Grazas Nacho.

12 comentários:

Anónimo disse...

A pesares da longa xestación, este fillo deu traballo pero non o dará para o manter, ou si? ;-) Parabéns

Veloso disse...

Parabéns, Folerpa. Prometo lectura sosegada e opinión sincera (ía escribir "opinión con fundamento", pero temo que sería moito dicir). Insisto: noraboa para ti e para Tambre, unha editorial especialmente querida por min.

Anónimo disse...

merecida noraboa

Jaureguizar disse...

Ledicia, moita ledicia de ver unha portada tan bonita. Dan moitas gañas de lelo. Un luxo de editor é o que ten vostede. Disfrute deste primeiro libro, logo nunca é igual. Eu durmín cun exemplar de `Fridom spik' a primeira noite. Parabéns.

Anónimo disse...

Noraboa, amigo. Xa me tarda telo nas mans. Xa me tarda...

Anónimo disse...

qué emocionante :-)

máis alá disse...

Noraboa, tes que avisar cando sexa a presentación.

Anónimo disse...

Que gran ledicia saber que te atoparemos nas librarías e nas bibliotecas! Os meus parabéns e unha aperta moi grande.
Para cando a presentación?

torredebabel disse...

Parabens!!! e apertas neste parto e nacemento que é todo libro.

A Madriña Asociados Ltd. disse...

As familias falaron claro e ben alto: enhoraboa folerpa !
Estamos seguros de que "O Rexo" e " Rio Bravo" brindarán polo éxito da acción.
PD.Informaremos debidamente ás nosas bases ( é decir: prepara xa a 2ª edición)

Ababoro disse...

Parabens, Folerpa. Agardo lelo e deséxolle ao libro e a vostede unha boa singradura.

Unknown disse...

Parabéns! Agora hai que ir a pola parelliña e despois, quén sabe, familia numerosa estilo Conde Roa??

Fago propósito de lelo e facerlle chegar a miña impresión.