quinta-feira, março 02, 2006

Comeza a singradura


Este xoves 9 de marzo as 8 do serán na Casa do Libro de Vigo presentarei o meu libro Sari, Soñador de Mares xunto co escritor Francisco Castro e o meu editor Ignacio Chao que teñen a ben acompañarme neste meu público debut. Quedades todos convidados, con acudiren e facer vulto é suficiente, non é obrigatorio mercar o libro aínda que a miña vaidade o agradecería. Gustaríame moito poder saudar a outros BVA ou algúns dos habituais comentaristas das miñas Alfaias se vos atopades cerca e tedes tempo. Unha aperta.

É un pracer ver o xenerosos que son Brétemas e Martin e Náufrago co meu Sari. Grazas.

10 comentários:

Veloso disse...

Curiosa coincidencia. Vintecatro horas despois, no mesmo lugar, estarei eu presentando o meu licor de abelá. Sinto moitísimo non poder asistir á túa presentación. Non sei se sabes que vivo en Zamora, é dicir, un pouco lonxe de máis para poder participar en actos, coma este, aos que me apetecería moito ir. Se podes vir o día 10, será un pracer saudarte.

A Madriña Asociados Ltd. disse...

A Madriña ansiosa, intentó invertir beneficios en "Acciones " Sari" pero nuestro " Versus dealer" no fue capaz de comprar a sus intermediarios. ¿cuando a la venta ? ¿Antes del 9-M?.
PD. No tiembles, pero... En una presentación de libro, se pueden hacer preguntas ??

torredebabel disse...

moito gustaríame ir tanto a esa presentación como á de Veloso pero, como dixo él mesmo, ando un pouco lonxe (uns 12.000 km, máis ou menos). Mágoa porque vou acumulando moitas pequenas frustracións por vivir lonxe... Que sexa moi lindo!!!!

mariademallou disse...

muita sorte co debut,que sexa un día ben bonito ;)

Laurindinha disse...

A ver se podemos estar por alí... O título paréceme moi suxestivo...

Anónimo disse...

e para cando en compostela mr. folerpa ;-)?

Anónimo disse...

Meu benquerido folerpa apetéceme moito ir o xoves a presentacion do teu Sari, Soñador de Mares. Así que si os meus meniños mo permiten aí estarei. Unha aperta.

acedre disse...

Eu non podo ir que estou no outro lado do bulleiro e quedame a desman.
Ogalla que che vaia ben a presentacion do libro e que tenhas muitos apoios que suponho que sera o mais importante:a calor humana.
Se coincides con Veloso dalle saudos.
Un saudo.

Martin Pawley disse...

Suxíralle ao seu editor facer algunha presentación na parte norte do país. Na norte, dixen, non no centro ;-)

E alégrame moito que a vostede tamén lle guste "Grand Canyon", un dos meus filmes favoritos.

hojasdehierba disse...

Moita sorteeeee :)