sexta-feira, setembro 08, 2006

Paraíso ou Inferno

Onte, e xa que o meu benquerido Brétemas non me convidou a visitala hai uns meses, levamos aos nenos a illa de San Simón coma festa de remate do verán. O traballo feito por Portela é impresionante, respectuoso co entorno e coa memoria.
No grupo eramos doce, seis rapaces e seis adultos, e a nosa percepción da visita foi ben distinta. Os nenos ignorantes da terra ensanguentada que pisaban quedaron marabillados e pretendían quedar a durmir na illa. Aos pais conscientes do pasado e a medida que liamos os cartaces da exposición foinos asolagando unha certa sensación inquedanza que trocou nun arrepío ante o paredón ou as pegadas en granito dos ausentes.
En ocasións coma esta boto en falta ter a ollada limpa e inocente do meu fillo.

2 comentários:

Anónimo disse...

Todas as veces que visitei a illa, tanto en ocasións festivas como en visitas guiadas polo asunto da Memoria,a sensación de arrepío sempre estivo presente. Quizais, cando os que hoxe teñen a ollada limpa sexan grandes, poderán durmir na illa sen sentir asolagamento na alma.

X disse...

Nunca a visitei e non estou segura de querer facelo.
Un saúdo.