sábado, fevereiro 03, 2007

O ano das traducións

Hoxe, no día que Mr. Azar cumpre 60 anos, os medios anuncian a boca chea a súa nova novela. A min hai tempo que me deixou de interesar. Moi lonxe quedan as súas mellores obras: A Triloxía, O pazo da lúa, Leviatán ou A música do azar. Malia é agora cando conta co unánime favor da crítica e do público. Asemade, celebráse a simultánea publicación en galego das súas últimas obras cando o mellor da súa produción fica só en castelán, agás aquel lonxano Mr. Vértigo que Sotelo Blanco publicara no 96. Penso que leva anos perdido nunha repetitiva espiral que non o leva a ningures, podería chegar aos 90 anos escribindo a mesma novela ad infinitum.
Non é este un caso illado, algúns dos meus autores anglosaxóns preferidos hai tempo que perderon o norte: Amis, tamén en galego, McEwan... Agás Barnes que no seu recente Arthur e George mantén o tipo , o panorama é desolador.
Penso que non estaría de máis un criterio máis rigoroso nas truducións, as eivas son evidentes. Está ben vender pero hai que arriscar un chisco. Penso que o catálogo de Rinocerente é un exemplo a ter en conta, eu polo de Hrabal estareilles sempre agredecido pero o de Pericle é unha chata, un mal plaxio dos violentos polards de Manchette, lede Nada se a atopades nun libraría de vello.
Eu só de sexo que un editor arroutado se atreva, por só citar dous, con esa obra mestra de Quignard titulada Terrasse à Rome ou con calquera cousiña de Perec, Je me souviens por exemplo.
O ano das traducións si, pero...

3 comentários:

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

A Auster ultimamente publícanlle ata a lista da compra.
Logo de dez anos de baixón, sacou o Libro das Ilusións e pouco máis. Brooklyn Follies está a anos luz das súas mellores obras.
É unha mágoa que non seguise buscando e experimentando polo camiño da Triloxía ou da Música do Azar.
O que me chama a atención é que renegue de Beckett cando o entrevistan. Quen leu a Beckett pode percibir en cada páxina de Auster a pegada do mestre, mesturado cun aquel de novela negra.
Exemplo:
-Estaba buscando un sitio tranquilo para morrer (comezo de Brooklyn Follies).
-Pronto, malia todo, estarei á fin completamente morto (comezo de Malone morre, de Beckett).

phen375 disse...

nice post i really like it thanks for sharing.

legalsteroids disse...

what a nice peace of info thanks for sharing.