terça-feira, outubro 23, 2007

Diálise II

Xa falei aquí desta marabillosa obra que tan fondamente me emocionou. Pois ben, como xa saberedes, hoxe recibiu o Premio Nacional de Literatura Drámatica. Moitos parabéns para o seu autor, que agardo poda, por fin vela sobre un escenario. Espero que os xerifaltes do IGAEM ( cuxa web nin se molesta en recoller a nova aínda) caian da burra dunha vez e non sigan a facer o rídiculo por ter conxelada esta obra mestra dende hai case dous anos. Sería unha vergoña que un fito do noso teatro como este quédase sen estrear ou o fixese antes no Lliure traducida ao catalán.
Agardemos que as previsións de Martin sexan certas e levemos outra alegría nos próximos días.

3 comentários:

R.R. disse...

Gracias Folerpa, pero non metas prisa que aínda antes terán que meter o libro (e a colección que iniciou) na páxina de publicacións.

Tesme intrigadísimo coa nova que vai dar pawley...

Anónimo disse...

Folerpa, xa está vostede contratado para a posible representación da obra. Escolla papel de meritorio. Ten tempo para pensar.

folerpa disse...

Rubén ao cabo os agoiros de Martín non se cumpriron, comentao no seu blogue, e o premio nancional de LIX foi para o prólifico Serra i Fabra.
Arume, confórmome cun entradiñas nada máis ;-)