segunda-feira, dezembro 17, 2007

Presentación




Mañá, día 18 de decembro, as 19.30 horas, no hotel NH Palacio de Vigo, Edicións Tambre, presentará os libros "O carteiro de Bagdad" e "Eu vivía na fin do mundo", galardoados este ano cos premios Ala Delta de literatura infantil e Álbum Ilustrado-Biblioteca Cabildo de Gran Canaria. Ambas as obras son da autoría de dous vigueses, o escritor Marcos S. Calveiro e o pintor e ilustrador Ramón Trigo. No acto intervirán o editor, Ignacio Chao e as escritoras An Alfaya e Blanca Trigo.

5 comentários:

Veloso disse...

A esa hora estarei na miña clase de mantemento físico (unha especie de ximnasia para preguiceiros), no pavillón universitario de Zamora. Aínda así, envíolle os meus mellores desexos, tanto para a presentación como para o éxito desta nova publicación.

R.R. disse...

¡Que vaia ben!

folerpa disse...

Grazas velosos e r.r. mágoa non contar coa súa presenza senlleira: un escritor laureado e un premio nacional. Apertas.

R.R. disse...

¡É que puxestes Vigo ben lonxe!

Anónimo disse...

Aprezado folerpa, Ibrahim xa atravesou coa súa motocicleta as dunas de Corrubedo e os nenos e nenas de Olveira comparten xa con el e co seu fillo a aventura da vida nunha cidade como Bagdad. Moitos parabéns folerpa por esta fermosísima historia chea de verdades. E Feliz Ano para tí e para a túa familia dende Ribeira. Chus.