quarta-feira, janeiro 16, 2008

Ratatouille


Cada vez que lle poño aos meus fillos un DVD é teño que elixir o idioma, lévame o diaño non ter a posibilidade de escoller a lingua de nós, iso si case todos eles están dobrados ao catalá, o último exemplo deste Nadal o da imaxe. Penso que este é un dos mellores camiños para que os nosos nenos aprendan galego e onde as nosas institucións deberían facer algo máis. Menos viaxes, feiras e roldas de prensa e un chisco máis de traballo a pé de obra. Amais, coma se isto non chegara, resulta que A Galega suprimiu o Xabarín polas tardes e os meus fillos xa non poder ver a pouca programación que tiñan en galego. Unha vergoña da que tamén fala Eyré.

A esta ausencia de material audiovisual en galego hai que engadir tamén o sonoro, Trátase dunha gran eiva da nosa política lingüística, da que xa se queixaba hai uns días, Oulego. Nin cancioneiros nin audio-libros. Téñoo comprobado tamén polos meus fillos que adoitan escoitar contos e cancións. Miña filla no seu primeiro trimestre de infantil aprendeu máis dunha ducia de cancións, en castelán iso si. A súa mestra mandoulle para casa o mp3 e anda cantaruxando polo cuarto a todas horas.
Asemade, de pouco serve que os manuais estean en galego cando os mestres son castelán falantes, producíndose nas aulas unha diglosia fala-mestre/escritura-nenos incomprensible. Unha sociedade non se conforma a golpe de decreto e porcentaxes, nin tampouco ese é o xeito de promover unha lingua que esmorece. Precísanse amplas políticas transversais, dende formación do profesorado a dotación de bibliotecas escolares, de etiquetado comercial a dobraxe de filmes. Non chega só co DOGA, meus señores.

10 comentários:

R.R. disse...

Pois si, señor Folerpa. Flipante. Que un país que invirte (e ata poderiamos dicir malgasta) tanto en edición non teña un cancioneiro infantil en galego -eu non sei del, non o dei atopado -é absolutamente vergoñante. O único caso que coñezo e agradezo é, se non recordo mal, un disco de cancións de berce editado pola mesa ou por vicepresidencia na campaña "Xeración ¡E logo!". Relacionar as cancións en galego con durmir non me mola nada...

Aí atrás, con motivo do enésimo refraneiro galego publicado plantexeime como pai esta dúbida no bló do señor das Brétemas pero a estas alturas seguimos sen unha compilación de cancións para nenos á que recorrer.

O da dobraxe inexistente nos DVDs é outro asunto lamentable, pero iso ocorre en tantos ámbitos... ¿Non sería mellor gastar algo menos en edicións arrombadas en almacéns e algo máis nestes dous asuntos? sobre todo no último porque o primeiro é ben barato.

Resumindo, pra qué tanto rollo. Que leva vostede máis razon que un trasno

folerpa disse...

r.r. chegoulle xa o convite para o caribe?
Deixando as chanzas, suscribo o que dis. O único CD que escoitan os meus fillos en galego son os recopilatorias do desaparecido Xabarin.
En fin, que hai que rir por non chorar.

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Vaia, tamén quitaron o Xabarín.

Non, se a este paso...

Concordo con vostedes. Se temos unhas novas xeracións que medran co audiovisual e non hai nada en galego, a cousa pinta mal. O da dobraxe é unha boa idea, espero que alguén tome nota. A fenda entre o mundo rural (onde quedan xa poucos galegofalantes e poucos galegos en xeral) e o mundo urbano segue a medrar. Que os fichen a vostedes para algún consello asesor, a ver se lles dan algunhas ideas.

folerpa disse...

Oulego non preciso que me fichen para ningún consello asesor, con que me leven a Cuba de excursión chégame ;-)
As políticas de promoción do galego deben ir procurar aos rapaces aló onde están, e moitos están diante das consolas e dos dvds e non dos librsos. Ese e o camiño que hai que abrir.. e tentar facer con eles en galego.

R.R. disse...

Para o de Cuba estou aforrando, pero como só me vai dar para ir a Xixón (en habendo sorte) creo que na Habana non ha de haber ninguén do libro teatral. Do teatro si, e ben escolleito (o Cadaval), e algúns asiduos máis en forma de compañía. Pero do libro... Vou calar, non me saque o trapo, señor das Alfaias, que se me escapa a lingua e logo me chaman cousas nos periódicos progresistas. O que si teño pago, seica, é unha viaxe a Ferrol. Xa hai que ter mala sorte, co jrande que son as Jespañas, e fan a entrega en Ferrol, que o vexo dende a casa. Vese que non estou dotado para o turismo cultural.

A dobraxe é unha merda, era o que ía dicir, pero se a hai para todos os idiomas non queda outra que jastar pasta.

E vostede qué? Non o invitan a ir á Habana? Pois xa me dirá por qué.

R.R. disse...

Xa estamos botando a lingua a pacer...

folerpa disse...

Supoño que porque Anxela B non é a miña musa,r.r.Amais, como xa dixen eu coñecin a Fidel cando levaba un daqueles elegantes uniformes verde oliva, coa súa puchiña con estrela vermella, e non eses horrorosos chandals de economato socialista que leva agora nos seus derradeiros días. Hai que ver con que pouca estética estase a despedir o vello sátrapa... unha mágoa

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Non se alporicen por non seren convidados. Moito me temo que, á volta da xeira habaneira, o índice de divorcios entre encritores e demáis convidados galegos vai subir coma a maré.

Suscribo o de r.r. ¿Por que non o convidan tamén a vostede, señor das alfaias? Só o digo por aquelo de ir anovando, que xa é hora.

Señor r.r., moito me temo que a aquel que dá moito a lata e resulta "incómodo", acábano tratando coma a eses bébedos que os botan a couces de todos os bares, sen pararse sequera a escoitar o que din. Aínda estou esperando que o conviden a vostede a unha desas entrevistas tan sesudas do Consello da Cultura Galega (¿ou xa o fixeron?).

Anónimo disse...

¡Non ho! (quero dicir, nin me alporizo nin fun invitado).
A min invitáronme os de Roxín Roxal de Paderne para escribirlles unha obra para unha compañía aficionada que imos montar e falar do meu libro (como Umbral) e iso si que me parece productivo (ademáis é cerca da casa). Eu sempre busco chollos destes rentables...

Señor Folerpa: creo que vostede e máis o exemplar de autor teatral escolleito aparece na categoría "entre outros" da lista definitiva:
http://culturaedeporte.xunta.es/actualidade/nova.php?id=512&lg=gal

¡Noraboa, vai ver eses coridos chándales!

Anónimo disse...

Tempo atrás chegaron tres dvds de "Pocoyó"; idiomas posibles, castelán ou inglés, aínda que seica en Portugal se venden tamén. Hoxe tocou "La vaca Connie". En castelán ou catalá. (Conveñamos que se anoto todos os dvds sen idioma galego usurparei a titularidade deste bló)