segunda-feira, fevereiro 18, 2008

Free Kosova


Desexaría ter estado onte á tardiña en Pristina e celebrar cos seus veciños o nacemento do seu Estado. Beizóns e sorte a todos eles, vana precisar.

1 comentário:

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Axeitado título do post.
Co traballo que lles custou na guerra dos noventa aos EEUU, Francia e Gran Bretaña, manter a Milosevic no poder, agora o Bush fillo quere recoñecer o novo estado a fume de carozo. É sabido o escrupuloso respeto que Bush ten polos dereitos dos pobos e dos individuos. Non me estraña que Servia diga que se sinte traizoada. Quen te viu e quen te ve! ¿Imaxínanse aquí a Asturias, con todo o mito da reconquista, independizándose?
Non, se había que mandar ÓS DOUSCENTOS a desembarcar non en Cuba, senón en EEUU. Caería Bush, o Congreso ianqui recoñecería a Galicia como novo Estado, e así o estado español deixaría de subvencionar as pensións dos pensionistas galegos e os salarios dos funcionarios galegos que pasarían a ser subvencionados pola Coca Cola. Ah, e Rusia apuntaríanos cun misil. Xa se sabe que non es ninguén internacionalmente se ningún pirado che apunta cun misil.
Ogallá teñan sorte e si, brindemos polo novo estado, cunha Coca Cola e wiski (nada de escocés, non me fodan) americano, porque a que se vai armar nin OS DOUSCENTOS a solucionan.