segunda-feira, março 24, 2008

Nada mudou en Bagdad


Hai agora un ano, andaba ensarillado en contar a vida de Abdul e dos seus pais. Pasou outro ano máis, cinco dende o comezo da guerra, e todo segue igual baixo o balbordo dos disparos e das explosións. Sei que Abdul, Ibrahim, Fatiha, Ahmed, Faysal... viven aínda nas páxinas do meu libro, por desgraza, na realidade que cuspe a televisión, moitos outros non. Vaian estas palabras en homenaxe a todos eles, aos que día a día deixan a vida, os soños, as arelas, o futuro, nas perigosas rúas de Bagdad. Agardo que algún día Abdul poida regresar a escola, que Ibrahim poida repartir o correo sen medo a una bala perdida e que Fatiha poida pasear pola rúa mostrando o seu fermoso rostro. Agardo que algún día...

1 comentário:

Anónimo disse...

algún día sairá o sol, coma imbecil olvido que o sol sae tódolos días