Eran as 14.30  e rematábamos  de sentarnos á mesa cando escoitamos a nova na radio. Non fixo falta dicir ren; ollámonos arrepiados e despois miramos aos nenos. Cos ollos engradados preguntaches:
— Que mundo é este no que unha nai ten que arroxar ao seu fillo morto pola borda?     
Eu calei, todos calamos. A esa hora o mundo enteiro calou, culpable e infame non foi quen de contestar.  
Hoxe, a tardiña, acenderei nove candeas por eses nove meniños e as súas nais, e polos seus pais, e polos seus irmás e irmáns. Acenderei nove candeas por todos nós.   
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
.jpg) 

Sem comentários:
Enviar um comentário