terça-feira, abril 21, 2009

De crucifixos e bandeiras

De todos os austeros fastos dos novos conselleiros de onte chámame moito a atención que nun estado aconfesional como o español sega sendo noticia que dous deles prometeran o cargo, Educación e Traballo, cando o sorprendente e que oito deles aínda o xuraran, deben de ser conselleiros pola graza de Deus e non polo dedo de Feijoo ou de Louzán. Amais, toda a cerimonia faise perante un crucifixo e unha bibilia, en fin...
Nas súas primeiras declaracións todos eles, coa lección ben aprendida coma un fato de mainiñas ovellas, dixeron aquilo de programa, programa e programa; agás o conselleiro de Turismo que anda coa perrencha do Xacobeo 2010. Todo cheira a un presidencialismo atroz, co Presidente acumulando máis e máis competencias, igualdade incluida, e esculcando aos seus dez mágnificos para que ningún saque os pés do prato.
Logo produciuse o relevo ante os seus predecesores e aí a que refulxiu cal supernova foi a conselleira de Traballo e Benestar, á que "algo le chirriaba y le producía alergia": no despacho de Quin só ondeba a bandeira galega, e ela ipso facto encargou unha bendita enseña nacional, xa sabedes a española, a única nación que para eles existe no estado español, e unha europea tamén por aquilo de disimular. O que non aclarou foi o tamaño da mesma, xa a vexo un domingo destes nun suplemento envurullada nela coma un ninfa de Boticelli. Dende logo esta muller vai dar xogo, e senón ao tempo. Por certo, algúns semella que seguen en campaña e non baixan do seu infame cabalo.

2 comentários:

Veloso disse...

Carlos Mella, sendo vicepresidente da Xunta do PP, deu roldas de prensa coa única compaña ornamental da bandeira galega, o que lle valeu a crítica e o escándalo de certos columnistas do ABC. Que tempos aqueles!

folerpa disse...

Veloos, mencionar a Carlos Mella a carón de todo este fato de mediocres tecnócratas é case un insulto.