segunda-feira, abril 06, 2009

Estou canso I


Estou canso de pedir un café con xeo nos bares e de que, invariablemente o camareiro/a me pregunte sempre, un café con hielo?, como se eu non fose quen de entender a miña propia lingua.

9 comentários:

Mario disse...

O que no meu entorno chamamos "camareiros con tradución simultánea", aínda que son peores os que pensan que "vermello" é "verde", que "pexego" é "piña", e que "ananás" é unha palabra que estás inventando sobre a marcha para amolar.

herba disse...

Entón tamén vos resultará familiar ese outro retrouso de cafetería que di "con leche?". Eu que xa o teño metido na testa, entre cella e cella. De tanto escoitalo xa non sei se é real ou só existe na miña mente. Mesmo cando pido unha cervexa resoa "con leche??".

folerpa disse...

E non vos digo nada se pedides unha macela: as traducións ou preguntas son antolóxicas. Unha vez trouxéronme un anaco de tarta de mazá. Como diría Feijoo, son cousas de amabilidade lingüística esa.

Anónimo disse...

Desculpen un comentario tan proletario, pero non sei se, entre novela e novela, curraron algunha vez de camareiros. Será cuestión de entornos, digo eu. Igual así non se avinagraban tanto con este tipo cousas. Que haxa clientes que pidan unha "Estrela Galiza" ou unha "cerveja preta" daría tamén para estudar certas sociopatías.

folerpa disse...

Anónimo,noto certa carraxe corporativista no seu comentario. Eu entre novela e novela, teño posto moitas copas de dios e tamén moita música nalgún garito. Se cre que iso me autoriza falar do sacrosanto gremio dos camareiros, agradézollo mo comunique.
Desas outras sociapatías das que fala, nada teño que dicir. Eu falo aquí e agora na miña condición de cliente galego falante. Seguirán máis entregas, e agardo que defenda con igual vehemencia ao gremio de panadeiros, vendedores de electrodomésticos, médicos e funcionarios varios...

Luscofusco_Gz disse...

Estou totalmente de acordo... eu tamén estou farto que me traduzan, de modo que eu ao final optei por remarcar a miña teimosía:
-Un café con leite!
- ...con leche?
- Non! con leite!

Ao final, quédaseme mirando con cara de parvo. E xa non digamos cando se me dá por pedir un zume de pexego... en fin, a este paso terei que falar galego para o meu embigo ou na China!

Mario disse...

Síntoo, non tiven a honra de pertencer ao gremio dos camareiros, eu cargaba e descargaba camións (pero nos descansos tomabamos café). Supoño que é cuestión de entornos.

Anónimo disse...

se trballarades con migo ivades a saber o que bo,falan todo en castelan e si ti lles falas en galego contestan en castelan como si ignorasen a lingua na que lles estas falando e outras moitas cousas peores

Anónimo disse...

bos non sabede o que é bo, no meu traballo no falan unha soa palabra en galego e si ti lles falas a eles contestante en castelan como si ignoraran o idioma no que lles estas falando.