
E unha sensación estraña ter o meu primeiro libro nas mans, de ledicia e tristura mesturadas, da perda do pai que ve coma seu fillo bota a andar polo mundo. De que xa é algo alleo a min que pertence aos lectores e aos andeis das librarías e bibliotecas.
Agradezo terme atopado nesta miña primeira andaina cunha editorial coma
Tambre e cun editor - aínda que a el non lle gusta ese nome- coma Ignacio Chao a quen estarei sempre agradecido polo agarimo co que tratou o libro e o interese que puxo nel dende aqueles primeiros capítulos que lle enviei, polo entusiasmo no seu ollar cada vez que nos xuntamos para falar del. Co seu traballo está anovando a colección
Catavento que coordina por novos vieiros afastados desa LIX de sota cabalo e rei, abríndoa a outras perspectivas e sendo receptivo a outras voces e outros ámbitos pouco trillados. Supoño que o feito de ser poeta denantes que editor terá algo que ver. Grazas Nacho.