O nordés zoa lixeiro pousando no branco vestido de encaixe pequenas folerpas cinsentas. Sentada nos chanzos da escaleira, a noiva non comprende o que pasa. Os paxaros abandonaron as arbores floridas e as augas do Pripiat denantes rebuldeiras baixan agora lentas e caladas. A igrexa fica baleira, a maioría dos homes convidados foron chamados con urxencia por mor do incendio e as súas familias pecháronse nas súas casas coas fiestras e as portas fechadas.
Ela levaba moitos anos esperando este día, a pesares do longo noivado ata que a Yuri o contrataron na central e lle concederon unha vivenda para traballadores non se comprometeron e puxeron data para a súa voda. O que debería ser o seu día máis feliz mudou nunha xornada triste e silandeira. A troula e a ledicia deixaron paso a soidade e a esa brétema cinsenta que todo o asolaga.
Esfrega entre os seus dedos un deses aruxos grises que trae o vento e que se esvaece sobre a súa pel dourada. Inocente, coma unha nena larpeira lévase o dedo a boca e chúchao saboreando o gosto acre da morte no seu padal. Ergue a cabeza cara o sur, olla o fume do incendio e pensa en Yuri, no que estará facendo agora na central. É primavera e nos ollos verdes de Olga poñese o sol para sempre.
quinta-feira, abril 27, 2006
Aulas en galego
Ainda que só é un pequeno paso, para min coma pai e galego falante esta é a nova do ano. Agardo que o que non puiden facer co meu fillo o consiga coa miña filla de dous anos.
quarta-feira, abril 26, 2006
Información ?
terça-feira, abril 25, 2006
Marcos e cravos
Fai unhas semanas e despois de trinta mil verbas púxenlle o punto final a novela na que levo enguedellado os últimos seis meses dunha forma case obsesiva. A documentación case me afoga e o seu protagonista converteuse nun membro máis da familia: meu fillo cando me vía acotío co fociño nos papeis preguntábame por el con nome e apelidos e ata me facía chanzas. Supoño que ese é un dos segredos dos libros e da literatura, crebar a delgada liña entre realidade e ficción.
Teño que recoñecer que estou contento de como quedou aínda que a miña particular lectora e un benquerido amigo cualificárona como mesta e dixéronme que tiña que respirar un pouco. Supoño que ese é tamén outro dos segredos dos libros e da literatura, comportarse ás veces coma seres vivos.
Seguindo os seus sabios consellos metereina nun caixón e agardarei un tempo a que respire fondamente para retomala despois e tentar darlle unha volta máis.
Así que, despois de seis meses e trinta e mil verbas, tan só puxen un punto e seguido.

segunda-feira, abril 24, 2006
A rúa é dela
A negativa por parte do Concello de Vigo de autorizar a instalación dunha carpa na Rúa do Príncipe co gallo do Día Mundial do Libro revela a concepción que do espazo público e cidadán ten a frustrada decoradora de interiores que nos malgoberna. As rúas están ben para poñer mesas petitorias das nobres damas da cidade para a loita contra as máis diversas enfermidades ou para que as asociacións de discapacitados vendan os seus produtos ou para enchelas de flores aínda que non haxa beirarrúas, pero non para a cultura e os libros, sobre todo se están en galego.
A alcaldesa revelase así coma unha perfecta e caritativa dama da sección feminina, só falta que organice unha campaña para sentar un pobre á mesa de tódolos viguesas polo Nadal.
(O asunto xa foi tratado amplamente por Brétemas, pero non me puiden resistir)

domingo, abril 23, 2006
No día do libro
Estes son os tres pasos que tedes que seguir:
1º Pensa nun neno, non valen os propios nin os dos familiares, a filla dunha amigo ou dunha veciña ou ese neno descoñecido que ves coma tódolos días colle o bus adurmiñado.
2º Acude despois a librería, non valen grandes superficies nin almacéns senón unha de verdade, e mércalle un libro de LIX.
3º Entrégallo como agasallo a próxima vez que o vexas. Nada hai máis pracenteiro que dar sabedoría, aventura, coñecemento e fantasía.
Animádevos e que as metáforas agromen nos cuartos das nenas e dos nenos.

quinta-feira, abril 20, 2006
terça-feira, abril 18, 2006
Nova TVG II
Despois de repetir ata extenuación os domingos e durante horas os marcadores, goles, penaltis e faltas da xornada futbolística, a dirección da nova TVG? tivo a ben programar por fin -iso, si con nocturnidade e aleivosía- o espazo adicado aos nosos libros as 00.30 e cunha duración de, pásmense, 30 minutos.
É dicir, que a dirección da nova TVG? adicaralle aos libros escritos na lingua de nós a metade do tempo semanal que lle presta aos espazos relixiosos, A Sentinela 30 minutos e Nacer de Novo outros 30- hoxe adicado ao abraiante tema da resurrección-, e moitísimo menos que os 50 minutos da santísima misa dun goberno presuntamente aconfesional.
Sen prexulgar o seu breve contido, que pode ser excepcional, case dan gañas de pechar o Libro Aberto.
(Mañá andarei por SDC no Enblogs 06, falamos o xoves)

Subscrever:
Comentários (Atom)