terça-feira, abril 25, 2006

Marcos e cravos

Fai unhas semanas e despois de trinta mil verbas púxenlle o punto final a novela na que levo enguedellado os últimos seis meses dunha forma case obsesiva. A documentación case me afoga e o seu protagonista converteuse nun membro máis da familia: meu fillo cando me vía acotío co fociño nos papeis preguntábame por el con nome e apelidos e ata me facía chanzas. Supoño que ese é un dos segredos dos libros e da literatura, crebar a delgada liña entre realidade e ficción.
Teño que recoñecer que estou contento de como quedou aínda que a miña particular lectora e un benquerido amigo cualificárona como mesta e dixéronme que tiña que respirar un pouco. Supoño que ese é tamén outro dos segredos dos libros e da literatura, comportarse ás veces coma seres vivos.
Seguindo os seus sabios consellos metereina nun caixón e agardarei un tempo a que respire fondamente para retomala despois e tentar darlle unha volta máis.
Así que, despois de seis meses e trinta e mil verbas, tan só puxen un punto e seguido.

2 comentários:

Veloso disse...

Noraboa. Seguro que agora te sentes aliviado e, ao mesmo tempo, un pouco só, despois de deixar a compaña dos personaxes cos que levabas meses en constante diálogo. Concordo coa opinión do teu amigo: o repouso do caixón é moi conveniente. De todos os xeitos, que tampouco se prolongue demasiado. Os que gozamos da lectura do Sari agardamos unha nova dose de boa literatura.

Martin Pawley disse...

Mande, mande ;-)