quarta-feira, abril 05, 2006

Os libros arden mal e as linguas consúmense

É sintomático que a canle empregada para dar a coñecer ao gran público un capítulo da agardada e case lendaria novela sexa un periódico nacional e nunha tradución ao castelán (sei que houbo outros adiantos en galego pero dende logo sen a transcendencia a repercusión mediática deste).
É sintomático tamén que nos premios Rúa Nova que se veñen de fallar – e senón oín mal a nova no Diario Cultural – un só orixinal dos presentados estiveses en galego, texto ao que o xurado lle outorgou unha mención, supoño que para dar azos a único membro da nosa nova xeración de escritoras.
Os estudios e as enquisas publicados fai uns días dirán o queiran, pero ante estes dous feitos en principio inconexos é evidente que a doenza comeza a ser irreversíbel.

4 comentários:

Anónimo disse...

Meu benquerido folerpa non estou de acordo contigo. Hai doenza mais penso que non é irreversíbel. No colexio onde traballo os nenos son case todos galego falantes. Para moitos deles o galego é a única lingua ata chegar á escola. Aí está o futuro.
Por certo, espero que xa esté ben o teu pequeno. Eu tiven os dous maliños estes días. Cousa que pilla a pequena xa vai o outro detrás. En fin ...
Unha aperta.

torredebabel disse...

seica, do único que non se volve é da morte. E ainda o galego ten moita vida por diante! Apertas!

Veloso disse...

Eu teño manifestado varias veces o meu pesimismo, así que case prefiro non dicir nada. O galego morrer morrerá, pero ímoslle ter un enterro de primeira.

Anónimo disse...

¿Non lle parece curioso que os mellores escritores galegos sexan bilingües: Rosalía, Cunqueiro, Blanco Amor? ¿Acabará Rivas por ser un escritor bilingüe?