quarta-feira, maio 31, 2006

A República dos blogueiros II

Á proposta de Jaureguizar vou tirarme do carro en marcha e teorizar un chisco, coma humilde lector, sobre ese andazo de blogueiros que se estende sobre os nosos premios de narrativa máis recentes.
Parto da base de que os xurados descoñecían a condición de blogueiros dos premiados e do feito de que non lin nin Os Mércores de Fra nin Spam, pero si Cabaret Voltaire e Licor de abelá con xeo.
Para min estas dúas obras sobrancean no recente panorama literario galego, tanto pola súa innovación temática como polos os seus achados estruturais. Parecen dúas obras máis próximas ao panorama narrativo actual, por unha banda a parodia e o pastiche dun xénero clásico coma a novela de espías e pola outra a escritura cinematográfica cunha montaxe simultánea e en paralelo de varias accións que conflúen nun desenlace común. Asemade os xurados de todos eses premios, incluídos os máis recentes coincidiron nas súas apreciacións sobre a as obras, innovación, ruptura, frescura.Poden parecer lugares comúns, pero non creo que sexa unha coincidencia, supoño que ten que ser síntoma de algo.
Isto, que parece en principio non ter relación ningunha co feito de que os seus autores sexan blogueiros si que o ten e moito, penso eu. O feito de escribir e ter unha canle diaria de comunicación aberta cos lectores aínda que non sexa estritamente sobre o traballo literario, penso que enriquece e abre as perspectivas, facendo saír ao autor do seu escritorio e abríndose a unha nova literacidade como diría Brétemas. Unha xustaposición de recursos procedentes dese rebumbio de xéneros e voces que habitan a rede e que mudan día a día. Penso que estamos, dentro das ecidentes diferenzas existentes entre os autores, ante o que poderiamos denominar Xeración Blogueira.
E déixoo xa que isto semella a lección maxistral dun profesor universitario ou unha paxarada miña.

6 comentários:

Anónimo disse...

A ver se comenzamos a traballarnos un chisco mellor as entradas deste blog. E para non rir tanto, home, pola constante patética.

Anónimo disse...

¿Sobrancean pola innovación temática e os achados estructurais? ¿Como carallo sabe vostede en que destacan se aínda non os leu nin saíron á rúa? Home, un pouquiño de cabeza...

Anónimo disse...

Parécenme moi interesantes as túas hipóteses de lectura, mesmo coincido con parte delas. Non obstante, coido que para fundamentar unha opinión sólida ao respecto é prudente que agardemos a ver todas as obras publicadas e, xa despois da lelas, poidamos emitir un xuízo máis en firme. Saúdos e sorte coas deliberacións do xurado ao que vas.

folerpa disse...

Anónimo por se me expliquei mal, referiame ao Cabater e ao Licor que xa están na rúa e lin.
Goretex aprezo que considere humorísticas as entradas deste blogue, co difícil que é rir nestes tempos.

folerpa disse...

Vixía eu apuntaba unha tendencia evidente, catro premios tres blogueiros, que non pode ser unha concidencia e formulaba unha humilde hipotese, partindo da base das evidentes diferencias entre os autores coma destacaba no neu post.

acedre disse...

Eu entendin o que queres dicir e douche un punto de favor porque penso que ler blogos abre bastante a mente. polo menos sabes de opinions personais en tempo real.
Bueno, digo eu e sen pretensions de facer rir nin dar discurso.
Un saudo.