segunda-feira, dezembro 04, 2006

Fusos Horarios





A VII Asemblea nacional do BNG pasará a historia, segundo os medios nacionais, pola boutade esa do retraso da hora. Unha ollada aos xornais, unha escoita dos faladoiros matutinos da radio e a visión dos informativos confirma esta triste realidade. Unha mágoa.
Todos isto ven a demostrar que estamos a anos luz deles e non só a sesenta minutos como se pretende.

4 comentários:

Anónimo disse...

A verdade é que é ben triste... Mira que non poderían ter titulares (e para todos os gustos), mira que non pasaron cousas na asemblea, mira que non se chegou a acordos ben relevantes, etc., etc., etc., que a prensa española fixo da anécdota a noticia. En fin.

Anónimo disse...

Iso pasa por facerlle caso ós militantes de Ourense

Anónimo disse...

O control do tempo sempre foi un dos principais dispositivos de vixilancia.Acontece que mesmo aplicando a racionalidade científica - como é o caso- o valor simbólico desta uniformidade horaria para o control e xestión dos outros ainda opera na testa e imaxinario de que non asumiu nen sequer a diversidade xeográfica.
Os que vivimos no leste da península sabemos ben desta aberración horaria que padece Galiza.

Anónimo disse...

"aberración horaria que padece Galiza" ?? quen che escoite colega nin que tiveramos os reloxos xirando do revés!!!
O listado de aberracións no noso país é de tal dimensión que propoño empezar a traballar dunha vez en serio e deixar o do horario para a seguinte xeración. Digo eu...