sexta-feira, dezembro 22, 2006

Que din os rumorousooooooooooooooos...


Hoxe, no día máis corto do ano, os comisarios do BNG, gardiáns das esencias desta fantástica Nazón de Breogán, andan alporizados por un quítame uns acordes flamencos no himno de Pondal e Veiga.
Hai que ver que escasiña cultura musical me teñen estes coitados defensores da liberdade creativa do artista. Semella que non escoitaron nada alén das históricas gravacións de Alan Lomax.
Pois nada rapaces escribide aos reis, que dende a electrizante versión do Barras e Estrelas de Jimi Hendrix ao God save the queen de Sid Vicious quédavos moito por escoitar.
Por certo, Bo Nadal a todos.

3 comentários:

Anónimo disse...

Mais lembra que para os sectores máis conservadores deses paises as verçons de Hendrix e os Sex Pistols som autenticas ofensas

paideleo disse...

Bo Nadal ou feliseh fiehtah.

Anónimo disse...

Pois levas razón folerpa. E moi fermoso o artigo de Fernando Marías. Bo Nadal e unha aperta cálida dende o meu frío Melide.