sexta-feira, fevereiro 09, 2007

De mandilóns e himnos

Mentres os de aquí rifan por un mandilón e os de alén por un himno, unha nova librería pecha. A Cervantes baixa a verxa, pola falta de vendas e a presión urbanística, o mesmo día en que se remite a Lei de Protección do Litoral ao Parlamento.
Non estaría de maís unha lei de protección do medio urbán, non unha ridícula lei de protección de fachadas que falsea a arquitectura e a historia, senón unha verdeira lei que protexa determinados negocios emblemáticos pola súa historia ou antigüidade, especialmente o seu diseño interior. Que non lembra algún destes locais emblemáticos, sen saír da rúa do Príncipe eu lembro: A favorita, As Colonias ou O Zapato Español...Quen non garda na súa memoria unha botica, un colmado, ou un café caídos baixo a piqueta. Unha mágoa, o páis a estragarse e eles de costas rifando por un mandilón.

( Un verdadeiro pracer oír onte a Ana María Machado no Salón do Libro Infantil, falar dos seus medos reais e literarios. Aínda tedes optunidade de oíla o sabdo, así que animádevos)

2 comentários:

Anónimo disse...

creo que non pechan nin pola falta de vendas nin pola presión urbanística, do leído na prensa é porque estan " acojonaos" de que se lles venga encima o edificio polas obras colindantes e teñen no xulgado a denuncia contra eles, e mentars marchan por ai acaso. A pregunta é ¿ voltarán ?

Laurindinha disse...

Lino hoxe mesmiño no periódico... que triste...