segunda-feira, junho 13, 2005

Que poucos somos...

... e que mal nos levamos, canto nos envexamos e que pouco nos queremos. Vai todo isto pola polémica arredor do último García Barros (ver o foro do Cartafol), o especial do Babelia sobre as “Letras Gallegas” ( ver comentarios no blogue de Brétemas) ou Murgía de López Silva etc. etc. Dende logo temos o que nos merecemos, case desexo que o sucesor de Pérez Varela sexa do seu mesmo partido.
Supostas corrupcións de xurados, ameazas de accións legais, desculpas, falsas ou verdadeiras, aceptadas ou rexeitadas, premios amañados, editores cómplices. Se me da tempo axito todo na cocteleira e sáeme a novela gañadora do García Barros do 2006.
Case estou contento de perder un premio tras outro, pois o día que gañe algún, mimadriñaquerida, vexo o meu nome arrastrado pola rede. Aínda que polo menos o avogado xa o teño na casa.
Vouno confesar, xa non aturo máis pero non llo digades a ninguén, leo a Jaure e a Caneiro e gozo cos dous. Agardo que ninguén me retire dos seus favoritos ou das súas ligazóns polo recoñecemento desta escura perversión literaria.

1 comentário:

Anónimo disse...

Non te preocupes, que non penso retirarche o saúdo nin darche de baixa como amigo. Só nunha visión reducida da literatura ( e da vida) se pode ser excluínte. Apertas e ánimo.