segunda-feira, novembro 19, 2007

I Premio Nacional de Comic


Non se pode atopar un primeiro galardoado como Max para este recen creado premio, un histórico da banda deseñada, dende os seus tempos no mítico Víbora, o seu paso por esa extraordinaria revista que era NSLM, ata actualidade.
Amais o noso David Rubín quedou como finalista pola súa Tetería del Oso malayo. Parabéns para os dous.
Actualización 20/11/07: Coa súa habitual pereza informativa, a prensa escrita que vin hoxe, Faro, Voz e Galicia Hoxe, limítase a reproducir a nova das axencias sen facer mención algunha a David Rubín. Nin sequera houbo un periodista curioso que lese a nota de prensa do Ministerio enlazada enriba. Mágoa.
E a quenda galega deste ano continúa con Manolo Vilariño e os seus animais silenciosos. Parabéns tamén para el.

1 comentário:

Unknown disse...

Tamén a min me chamou a atención (cándido que son) ese silencio dos medios galegos respecto do éxito de Rubín. E coincido en que Max é un estupendo primeiro premiado.