terça-feira, janeiro 27, 2009

4º Aniversario


Hai xa 4 anos, 500 anotacións, que comezaron estas Alfaias e que me convertín en Folerpa. Neste tempo pasaron moitas cousas na miña vida: publiquei todos os meus libros; a milla filla, daquela un naipelo, xa vai para os cinco anos; o meu fillo xa é un homiño de oito que carrexa o seu bombardino polo conservatorio, sego a despertar a carón dela... Houbo risos, choros, decepcións, alegrías e algunha que outra perda, pero seguín adiante, moitas veces grazas aos comentarios que algúns aquí deixaron.
O mais importe que me aconteceu grazas a este caderno foi que coñecín a moita xente, algúns, penso, xa son amigos para sempre. Grazas a eles por estar aí e a todos os demais lectores tamén, de parte de Folerpa e de Marcos Calveiro tamén.

13 comentários:

Veloso disse...

Pois felicidades aos dous, a Marcos e a Folerpa. É un pracer contarme entre os teus amigos.

Carlos Callón disse...

Parabéns neste aniversario!

Anónimo disse...

Pois ten moita razón nesto último de facer amigos. De todo non podo máis que darlle a miña noraboa, amigo Folerpa/Calveiro.

Anónimo disse...

parabéns mentres agardamos polo quinto aniversario :)

Unknown disse...

Feliz aniversario e que sexan moitos máis!

folerpa disse...

Graciñas, meus.

R.R. disse...

Gracias a vostede por fomentarnos o vicio de seguir lendo e o pracer de seguir léndoo...

Parabéns!

Anónimo disse...

Parabéns e que veñan máis anos e máis libros

mica disse...

lembro cando empecei a lerte, dun anónimo folerpa pasaches a ser un sr. escritor.

parabéns.

folerpa disse...

Grazas, r.r.,eusebio.
Mica, canto tempo! graciñas é unpracer lela de novo.

mica disse...

de que alturas me falas? pero que risa!
lémonos de antes, de moito antes, de cando eu construía un blog chamado "aquí" e tu xa eras folerpa.

(os meus avós seguen sen luz nin teléfono! pola mariña quedou todo arrasado, eucaliptos caídos por todos lados que ninguén apaña. non quero pensar nas consecuencias... é unha vergonza!!)

Anónimo disse...

Parabéns M. & Folerpa too.

paideleo disse...

Parabéns por eses catro anos !.
Non hai muitos que poidan dicir o mesmo !.