terça-feira, novembro 22, 2005
Ámote
Fai vinte anos prometerámonos que pasase o que pasase, vasos escachados e batedores, atopariámonos diante do vello cárcere, despois xulgado e agora museo, para saber das nosas vidas. Hoxe é o día, 22 de novembro. Esperto moi cedo co renxer dos meus ósos e óllote durmida ao meu carón. Achégome ao teu corpo e prémoo forte cos meus brazos e acompaso a miña respiración coa túa de húmida serea durmida. Volvo durmir. Non é necesario que acuda a cita. As nosas vidas son unha. Vasos escachados e batedores.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
8 comentários:
Este post é fermosísimo...
E que, en diante, veñan outros vinte xunto a ela. E a seguirdes bailando o voso tango, meu poeta de Naishapur.
:)
Lendo os teus posts volvo crer no amor...
(ás veces paréceme un territorio emocionante pero sempre agromando nos riscos dos cantís...)
Xa vexo que tamén pode agromar nunha ribeira tranquila...
Hoxe é Santa Cecilia, patroa dos músicos. Polo que vexo, tamén patroa do voso amor. "Que veinte años no es nada"...
Fermoso. Espero que nunca teñades que acudir a esa cita. Que sempre sigades xuntos :-)
O mesmo aconteceu coa minha muller de cando eramos noivos de quedar un dia de agosto na praia para saber das nosas vidas e d momento se guimos chegando xuntos a esa praia nesa data (dependendo do tempo que faga, claro).
Que todo siga asi ou millor.
Moitas grazas a tod@s polos comentarios. Impriminos co post e forón o meu agasallo de aniversario. Como veredes xa formades parte da nosa vida xuntos.
Unha aperta
Enviar um comentário