quinta-feira, novembro 24, 2005

FAKTORIA

Presentouse o martes no Verbum esta nova editorial cun proxecto moderno de LIX e a intención de cubrir algúns dos grandes ocos do mercado editorial galego: BD, libros ilustrados para adultos, libros de arte. Os seus dous primeiros e atractivos lanzamentos un Bestiario, e un libro do pintor e ilustrador Ramón Trigo. A presentación modélica, música en directo, intervención ao vivo do artista e cun gravado seu de agasallo,. Ao día seguinte no diario local nin unha soa referencia ao acto nas páxinas de sociedade e cultura, onde se destacaba o quinto centenario da Garda Suíza.
Nota: por que en todos este actos recorrese sempre a música clásica ? é que o resto das músicas non dan verniz cultural ? non houbera quedado mellor nun proxecto para moz@s que se define coma moderno un caixa de ritmos ou unhas percusións ou un dillei ?.

4 comentários:

Anónimo disse...

raios e centollas! agradécese que nos informe folerpa :-)

Anónimo disse...

Caixas de ritmos e dilleis?? É vostede un transgresor...

Súmase ó proxecto Kiko DaSilva, xenial artista, director da revista BD Banda e unha das figuras en alza do renovado El Jueves.

A BD galega experimenta un auxe (artístico) destacado en todo o estado e aquí nin nos informan. É así...

Laurindinha disse...

Canta razón tes co comentario sobre a música... Existe unha tendencia xeneralizada de considerar arte elementos que cremos "serios": música clásica, letra escrita, etc. Deberíanse erradicar eses prexuízos e asolagar de liberdade e creatividade o mundo cultural...!!

torredebabel disse...

coma son xornalista, coido que podo dicir esto sen amolar a ninguén xa que son a primeira acusada, entón. Os xornais non contan -cada día- iso que ocorreu onte. Contan só o que eses xornais pensan que foi importante onte. E tamén o que é favorable para a sua economía contar. E penso que sempre é mais sinxelo e rendabel repetir modelos que falen dun mundo coñecido e previsibel que dicir a verdade: o mundo non é coñecido nen previsibel, coma tampouco non o é a arte nen nada do humano.
Benvinda Faktoria!!!