terça-feira, novembro 29, 2005

Aniversario

Con esta son cen as alfaias que puxen neste estoxo de bitios. Grazas a Menchu e aos meus fillos Lucas e Zoe, moito da nosa vida fica aquí agochado xa para sempre. Grazas tamén a tod@s @s que o abriron e o leron de vagar e compartiron as súas verbas comigo. A Dasman que foi o primeiro e a Náufrago e a Chus –que onte tivo a seu fillo Carlos- polos seus azos, e tamén a Kavafinho, Jaureguizar, Brétemas, Martin, Ian, María, Veloso, Kamikaze, Peke, AQUI, Lauradinha, Derrota, Torredebabel, Hojasdehierba, Máis Alá, Cau, Ababoro, Flordelis, Edu, Henrique, Tío Pepin, Remolca, Tedhead, Xose Luis Mosquera, Samo, Lola, Cfeijoo, Adelita, Esqueleta, Vilarón, Pedro, Nono, Paimiño, Maohi, Blondie, Opaco, Venres, Alejandro Fedorento, Pablo, Sonia, Bartolomeu Lourenço e a tod@s @s anonymus. Beizóns a tod@s.

16 comentários:

máis alá disse...

Que cumpras moitos máis e nos que os leamos.

Peke disse...

Iso, iso, e que nós os leamos. :)

Anónimo disse...

Grazas a ti por compartires as túas reflexións connosco. De aquí en un ano, ¡ou máis!

Anónimo disse...

Parabéns, e respecto ao de educar en igualdade, o que máis lle gusta ao noso opedro é pasar o ferro... tanto é que o agasallaron cunha mesiña do seu tamoño para planchar toda a súa roupa ;-)

folerpa disse...

Grazas a vós.
Opaco meu fillo ten: ferro, cociña, microondas, cafeteira eléctrica, basoira fregona e recolledor, ciaxa rexutradora, carriño do super e lavadora. Un día destes vai marchar da casa pois xa ten case todo o enxoval.

Veloso disse...

Mil primaveras máis para a comunidade blogueira en lingua galega. Parabéns, Folerpa, grazas por este espazo de liberdade, reflexión e agarimo.

Anónimo disse...

:-D si, si, xa ten o enxoval, agora, tendo capital xa é un bo partido ;-)

Anónimo disse...

ai, que repito, e mais si, que veñan máis 100 :-)

Martin Pawley disse...

O único que lle pido é que cando você sexa un novelista rico, famoso e de prestixio (veña, vale: digamos só "de prestixio") manteña o blog aberto.

Parabéns, compañeiro. E agora, a polas mil.

torredebabel disse...

Parabéns e apertas dende a diáspora onde a comunidade blogueira galega tamén é leida todo-los días, nestas cen primeiras e nas que ven tamén!!

Kavafinho disse...

E, se non mantén o blog aberto cando sexa un autor recoñecido (que o será), continúe, cando menos, o vieiro de Jaure creando un folerpa.info ou semellante. Remítolle por mail a miña contribución gráfica para esa web promocional.

Martin Pawley disse...

Por certo, kavafinho, non dixo vostede que quería seguir posteando retrincos de poetas na nosa lingua...? A que agarda? Tan sequera un por semana, home...

Anónimo disse...

Noraboa por eses cen. Que se traduzan, como mínimo, en anos de vida deste blog.

Anónimo disse...

Noraboa!!!

Laurindinha disse...

Parabéns por este aniversario tan especial (que se xunte un aniversario cun premio literario é unha conxunción perfecta)!!

hojasdehierba disse...

Máis alfaias para todos :)