Dicían onte na Voz que meus fillos están a crecer nun gueto. Pois eu alégrome de que así sexa. Crecen nun barrio onde as xilabas, os bubus de cores e as gravatas confúndense nas rúas. Rúas onde aínda oio cantar o galo e ouvear os cans tódalas mañás cedo. Mañás nas levo á escola pública a meu fillo chimpando pucharcas e lameiras polas corredoiras. Escola onde comparte as horas de lecer con rostros e voces que veñen da ribeira do Soungrougrou e das chairas da pampa e da noite esquecida dos cíngaros. Rostros e voces de terras tan afastadas e tan pretas á vez.
Estes son os territorios da súa infancia e agardo que algún día, pasados os anos, cando se lembre deles, o faga con cariño e se lle aparezan coma tesouros o rebumbio das augas toldadas do Soungrougrou, a beleza infinda dos ceos austrais ou a máxica e eterna cacharela cigana. Rostros, voces e terras.
terça-feira, novembro 15, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Parabéns, amigo, por ese proxecto de vida; ten a seguridade que estás facendo da infancia do teu fillo a patria rilqueana que fará da súa memoria un refuxio de felicidade.
Vilarón
Quixen poñer "amigo ou amiga", pero nuha corección foise o feminino.
Tamén quixen rematar cunha aperta e esqueceume.
Vilarón
Vilarón grazas polo comentario, emocionoume.
Non teño proxecto de vida ningún.Vou día a día, trabucándome e aprendendo de vagar como todos, supoño. Unha aperta.
Enviar um comentário