quinta-feira, novembro 10, 2005

Herba Moura

Dada a práctica unanimidade da crítica galega en bendicir cos seus parabéns o ultimo premio xerais, circunstancia que eu entendo sintomática de certas disfuncións do noso sistema literario, paso deseguido a exercer de humilde lector de tal obra e especialmente das súas críticas, non sen antes salientar os azos da autora de emprender tan ambiciosa aínda que para min falida obra.
Destacaron a maioría das críticas o “exotismo” da novela pola súa xeografía e identidade dos seus protagonistas: 1ª eiva do sistema, os autores galegos son pouco viaxados, óllanse moito o embigo e cando alguén sae alén do Padornelo fican abraiados.
Outra chegou a falar de novela intelectual: 2ª eiva do sistema, os autores galegos son pouco lidos, supoño que tanto corrixir exames déixalles pouco tempo para cultivarse.
En todas falouse da extensión da novela como mérito: 3ª eiva do sistema, os autores galegos son lebres, debendo mudar axiña en corredores de fondo.
Tamén salientaron a súa orixinal e fragmentaria estrutura: 4ª eiva do sistema, os autores galegos arriscan pouco e aínda non se achegaron a posmodernidade (hai notábeis excepcións), pois non saíron da sotacabaloerei da clásica estrutura cronolóxico-lineal da novela.
Todas en fin destacaron tamén o seu cansiño discurso feminista: 5ª eiva do sistema, a maioría dos críticos coma homes non son quen de reprobar literariamente tal feito por medo a que os tachen de machistas.

8 comentários:

Anónimo disse...

ora que a principal eiva do sistema literario galego é que todo o mundo, mr. alfaias incluído, estea empeñado en ter como molde e espello de cabaleiros os outros sistemas literarios e os seus produtos, non cres?

folerpa disse...

Benquerida Adelita non é cuestión de procurar espellos ou moldes, e cuestión de ter un sistema literario normalizado sen máis.
Benvida ao clube, por certo. Saudeina no Simposio?

Anónimo disse...

mmm... normalizado, normal, = coma os dos outros [?], aínda que talvez nós non poidamos/ nós non queiramos (até certo punto, claro está...) / a nós non nos conveña (porque non [nos] funcione dadas as especificidades do noso caso) ser coma eles [?]

ah, non teño por costume abordar descoñecidos en canto abandonan unha sala, pensei que causara maior impresión snife, snife :-P

Anónimo disse...

desculpa, esquecín poñer o nome :O)

Anónimo disse...

Falas alto e claro, agradécese. Mira que non daría para longos debates todo o que dis.
:-)

Laurindinha disse...

Tes bastante razón no que dis, aínda que eu matizaría algo: o de que os autores galegos viaxan pouco. Non creo eu que sexa ese o problema. E ás veces viaxar non resolve a miopía da xente.
Outro punto que engadiría ás túas críticas é o de salientar unha obra literaria polo tema que aborda. Paréceme pouco profesional e ata infantil. A calidade dunha obra non se mide polo tema que trata (se non fose así, desbotariamos boa parte das xoias da literatura, pois realmente estamos sempre reelaborando os mesmos temas).

Martin Pawley disse...

Admírame a seguridade e a confianza en si mesmo que ten que ter un escritor para pasar máis alá da páxina cen. De verdade é preciso que todas as novelas "serias" pesen tanto?

Anónimo disse...

Algo de razón leva o sr Pawley, semella que unha obra non pode ser "grande" dende o punto de vista da calidade sen ser ó tempo "longa" dende o pnto de vista da extensión. De aí que, por exemplo, Torrente dixera hai anos aquilo de a literatura galega non tiña ainda a súa "grande" novela...