sexta-feira, novembro 11, 2005

Hoxe síntome triste...

Hoxe as dúas na escola do meu fillo celebrárase un consello disciplinar para expulsar a un rapaz de catro anos, repito de catro anos. As mestras e a orientadora despois de meses loitando séntense frustradas pero cren que é o mellor para integridade física e psíquica do rapaz, delas mesmas, algunha xa resultou mancada, e dos demais rapaces. En que sociedade vivimos na que un rapaz de catro anos ten que ser expulsado da escola?. Eu coma pai e cidadán síntome triste e arrepiado.
Namentres mañá o sector fundamentalista do proselitismo católico manifestarase en Madrid en defensa das prebendas dos seus colexios concertados e das súas clases de relixión que pagamos todos.
Penso carraxento que nas rúas do centro, non só dos arrabaldes, dalgunhas cidades deste país deberían tamén arder algúns vehículos de alta gama, para ver se alomenos as súas lapas purificadoras fan mudar algo as cousas.
O dito, hoxe síntome triste e arrepiado e alporizado...


PP. Mañá o Culturas da Voz adica a portada ao blogomillo, entre a literatura e o cotilleo titulan. Agardemos a lelo e non prexulguemos.

10 comentários:

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Veloso disse...

Hai algo curioso na manifa de mañá de Madrid. Os seus convocantes din que non queren deixar os seus fillos ao abeiro dun ensino laicista que os prive dos valores relixiosos que din defender. Porén, ao mesmo tempo, o que pretenden é ceder a transmisión do ensino relixioso a ese mesmo sistema educativo. É dicir, se os alicerces católicos estivesen tan arraigados como din, a transmisión cultural faríase con normalidade na familia, sen necesidade de axudas externas. Case todo o mundo sabe xogar ao tute (eu non, pero é unha eiva persoal) ou sabe de fútbol ou sabe como funciona o mando a distancia, e non son cousas que se aprendan na escola. O problema da xerarquía da Igrexa Católica (un deles) é que ten o costume de lle botar a culpa dos seus males ao goberno, á sociedade, á televisión, ao demo... pero nunca a si mesma. Eu, como cristián de base e militante da discrepancia, estou en profundo desacordo con todo este fundamentalismo de berrecallos alporizados que está de moda agora mesmo. Sinto non poder dar a referencia exacta, pero hai dous ou tres días viña en El País un artigo dun dominico, un tal Quintín nonseicantos, que puña á Cope a pan pedir e daba un auténtico exemplo de auténtico sentido evanxélico. Un saúdo.

Anónimo disse...

Realmente vergoñento. A demostración dunha sociedade enferma. A evidencia de que o Grande Espírito Represor, de cada día, é máis e máis forte. Comparto a tristura.

folerpa disse...

Veloso o artigo que citas viña no País do mércores e levaba por revelador título: ¿ necesita Deus unha radio?

Laurindinha disse...

Un neno de catro anos expulsado?Pero iso parece surrealista!Como é posible?Se tal, tamén, que o ingresen nun reformatorio.

Brétemas disse...

Folerpa: este post é extraordinario. Non anos que levo lendo sobre educación nunca lin algo tan vergoñento e desapiadado. Con todo, dubido moito que a medida estea amparada legalmente. Habería que consultar o RXI do centro. Vvivimos uns momentos dificilísimos para a escola pública con este ataque propagandístico da Igrexa contra unha lei que, desgrazadamente, non lles vai coutar os seus privilexios. Isto é de tolos. Reitero os meus parabéns por este texto cheo da tenrura que require a educación na verdade.

Anónimo disse...

Pero cal é o motivo da expulsión? Non me cabe na cabeza.

Ian disse...

Que perigo pode representar un neno de catro anos? Ou é un lamentábel caso de aplicación educativa da política de tolerencia 0?

Ian disse...

Que perigo pode representar un neno de catro anos? Ou é un lamentábel caso de aplicación educativa da política de tolerencia 0?

Anónimo disse...

Meu benquerido folerpa eu levo varios días co estómago do revés escoitando como os afíns ó ensino concertado usaban a palabra liberdade. Liberdade de elección de centro, din,cando en realidade o que queren seguir exercendo é a liberdade de eleccción de alumnos cos cartos de TODOS, incluidos tamén os que eles lles negan a entrada a súa formación de calidade como os nenos con problemas varios de aprendizaxe, os síndrome de down, autistas, inmigrantes ... En fin ... e agora o presidente vainos recibir para dialogar ... E para deixar todo como estaba. Realmente frustrante.
Cambiando de tema alegroume ver o teu blog e as declaracións de Fran no Culturas da Voz. Gustoume o enfoque do artigo.
Unha aperta dende Ribeira.