Un xurado composto por Xurxo Alonso, gañador da edición anterior, Cesareo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán Bello tivo a ben concederme o devandito premio polo meu poemario Cartas do terceiro día, aos que aproveito para darlles as grazas. A obra será publicada por Espiral Maior o próximo ano.
O premio farase entrega nun acto a celebra o vindeiro días 2 de decembro as oito da tarde na Biblioteca da Casa de Cultura do Concello de Carral. Quedades convidados
Déixovos un adianto aquí abaixo do poema co que comeza a obra. Pode soar un chisco pretensioso pero trátase duna poemario narrativo con forma epistolar e ambientado na China e na escrava vida das súas mulleres labregas. Supoño que ata Jaureguizar que non le poesía atreverase con el.
quarta-feira, novembro 30, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
16 comentários:
Pois así aproveito para duplicar os parabéns, uns polo blog centenario e os outros polo premio. Que se repita moitas veces. Saúdos.
non quero ser "monotemática" pero parabens, outra vez!
Parabéns!! Ese premio tráeme moi bos recordos...
"ambientado na China e na escrava vida das súas mulleres labregas"... iso non é un poemario: iso é un filme de Zhang Yimou!
Parabéns, parabéns.
Parabéns, Folerpa, é unha excelente noticia. Aquí tes un lector para cando saia o libro. Unha aperta.
Vou ser orixinal: ¡parabéns! Heino ler, ¡treme!
Pois eu tampouco serei orixinal: Parabéns! :)
noraboa!!!
o humano que transcribe os meus "remoementos" alédase o dobre porque el xa gañou ese premio non hai moito...
e pensaba que xa non se volvera convocar, mira ti.
e a "laurindinha" o premio "tráelle bos recordos"? será que somos máis os gañadores do premio de carral que andamos por este blog?
Benquerido Alfaias: ¿que vou dicir? Que xa podes ir dándome un exemplar, ¡non penso compralo!
Parabéns de corazón. Este só é o primeiro.
e vou e penso coa boca aberta: vaia, vaia, home de cántas calidades é este folerpa :-)
Parabéns,Folerpa :)
Esto xa parece un natalicio real con tantos parabéns e noraboas.
Moitas grazas a tod@s. Unha aperta.
Agardo a xantanza do 17D para darllas persoalmente
Chegan serodios estes parabéns, pero sonlle merecidos. Seguirei pendurado das súas letras até onde remate o verso, claro.
Pero é que nunha ocasión coma esta non se lle pode decir nada máis que parabéns e noraboas, Sr. Folerpa, e no meu caso, como outros, dobres, polo premio e polo aniversario, ou sexa que aproveite que esto non vai durar moito. E o poema gústame.
Alejandro Fedorento
O primeiro bocado é apetitoso... haberá que probalo todo :). Parabéns!
parabéns!. as súas cartas do terceiro día son moi lindas.alégrome ben de poder velo nas librerías aínda que haxa que agardar un ano.
saúdos oceánicos
Enviar um comentário