segunda-feira, dezembro 05, 2005

O home que sabía demasiado

Sentados no sofá o sábado á noitiña, os nenos dormen e ti folleas unha revista. Nas súas páxinas 24 pares de zapatos: seis pares para o día, seis de salón, seis para a noite e seis de sandalias. Pregúntasme se sabería escoller os que máis che gustan. Ergo a cabeza do meu libro, boto unha ollada rápida e sinalo axiña os segundos de arriba dende a dereita, unhas merceditas marróns. Ti sorpréndeste da rapidez do meu acerto e comentas que non pode ser bo que te coñeza tan ben.

3 comentários:

Anónimo disse...

gusta e ao mesmo tempo asusta ;-)

Anónimo disse...

Ata o último gran, como di a miña moza...

Anónimo disse...

Iso chámase complicidade froito do entendemento.
:)