Onte en Cuatro emitiron unha indignante reportaxe sobre o tsunami. Relataron a catástrofe dende a parcial perspectiva dos turistas que se salvaron polos pelos en Tailandia e tiveron que sufrir a incomodidade dunhas rabuñadas e unha noite de angustia na selva á intemperie denantes de que fosen repatriados as súas cómodas casiñas do primeiro mundo. Pobriños eles. Dos máis de douscentos mil mortos de alí, da situación actual dos refuxiados en tendas e choupanas sinxelamente nada de nada, as frías cifras e nada máis.
Algunhas das verbas dos sufridos e emocionados turistas non tiñan desperdicio. Un médico francés relataba que o que máis lle impresionara e non esquecera eran os corpos novos mortos en traxe de baño – corpos occidentais, claro- e un sueco afirmaba que polas noites aínda oía o ruxido das ondas que se achegan cara el. Dos cadavres de milleiros de tailandeses aboiando nas augas ou pendurados das palmeiras nin unha palabra.
Había unha imaxe que definía a perfección a nosa arrogancia de indestrutíbeis habitantes do primeiro mundo. Nunha terraza a beira da praia e coa onda mortal case enriba deles un fato de turistas fumando tranquilamente ollaban coma babiolos cara o espectáculo dunha morte segura.
terça-feira, dezembro 27, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
8 comentários:
e ti non viches a obscena reportaxe sobre os percebeiros???
como di miña irmá pequena, "ían de guais e non chegaron nin a chachi".
Síntoo pero tan só podo estar de acordo contigo no do que a reportaxe foi feita dende “a parcial perspectiva dos turistas que se salvaron polos pelos”.
A reportaxe buscaba que os espectadores occidentais sentisemos a angustia do que estaba a suceder e facíano contado historias que podiamos sentir como a nosa propia. Calquera de nos pode estar de turista nunha praia.
O que pasaron as persoas que saen na reportaxe non quero pasalo eu. Non é só o horror do que pasa senón o horror do que lles pode pasar aos teu fillos ou a túa parella. Eu vin esta reportaxe e outra que deron na 2 e parecéronme que se gardaron moitas imaxes horribles, o que non quere dicir que as que botaron non o foran.
En canto ao do medico, véxoo compresible, en situacións de medo fixámonos nas cousas máis absurdas e el explicábao desa maneira. Era un medico que tiña que estar afeito a todo, sen embargo o que lle causou máis impresión foron os corpos en traxe de baño, quizais porque un corpo en traxe de baño asociámolo ao pracer de estar nunha praia.
Por outra parte, penso que este foi o desastre natural máis internacional e tamén a resposta internacional máis impresionante e máis rápida.
É que hai mortos de primeira, e mortos de segunda...
Non concordo para nada máis alá. Nin eu nin a miña parella nin os meus fillos estaremos xamais de turistas nunha praia do terceiro mundo en hoteis de luxo. E a angustia da que falas contada dende o sofá escandinavo da túa casa do priemiro mundo para min non o é.
A min a reportaxe indignoume e eu a percibin tal e como o conto e non creo que me trabuque moito.
¿ contaches nas imaxes as veces que se ollaba a un turista axudando a "un nativo"? Eu cheguei a ver fotos na prensa de turistas na praia ao día seguinte tan panchos namentres o mar fedía a morte.
Basta xa de sermón e grazas polos teus comentarios e os dos demáis sempre tan ben atinados.
Perdoa Folerpa pero volvo a discrepar contigo. Seguramente os nativos desas illas viven deses turistas de hoteis de luxo e por triste que pareza a imaxe dos turistas barrigons bebendo cervexa fría ao día seguinte da catástrofe e unha das mellores axudas que poden ter.
Dende logo na reportaxe non vin a ninguén axudando a ninguén. Aquelo era supervivencia. Xa oíches a aquel home que dixo que outra turista preguntáballe que pasaba e non foi capaz de dicirlle que ocorría nin de advertirlle, tan só pensaba en correr.
A angustia que a min transmitiume foi a de pensar en estar alí cos meus fillos e non poder facer nada. E o sofá dende o que eu miraba a reportaxe debe ser do estilo do sofá no que ti te indignabas.
Son eu o que agradece as cosas que escribes e seguro que haberá máis cousas que vexamos de diferente maneira.
Seguimos un pouco coa lea máis alá ?. A xustificación de que viven dos turistas e un argumento un pouco perigoso que nos pode levar a xustuifcar o turismso sexual, pois cantas nenas e nenos tailandesas dan de comer aos seus proxenetas e as súas familias.
Respecto ao do sofá, o meu era o máis barato que atopamos na tenda :-). Una aperta, que teño que marchar
penso que é como ben anotou Laurindinha en moitas menos palabras: no mundo hai mortos de primeira e mortos de segunda así como tamén hai persoas vivas de primeira e outras de segunda. E como vivo no terceiro mundo, podo decir que non é raro o que contas Folerpa. Cando foi a crisis na Arxentina, os xornais españois (e galegos, tamén) falaban das empresas que ian perder moitos millóns de dolares e non dos galegos e dos españois emigrados totalmente empobrecidos, entre outras moitas cousas, polo xeito de levar o diñeiro fora do país desas empresas (gracias, claro, aos políticos arxentinos tan corruptos que temos).
Penso que é un erro enorme pensar que para que alguén entenda o teña algo de empatía temos que contar as cousas dende o seu ponto de vista. Non é así. E a literatura toda e as mellores reportaxes da historia do xornalismo danme a razón. Os homes e as mulleres no mundo non somos tan diferentes como o capitalismo e a máquina de consumir quere que pensemos. Apertas!
(e disculpade polo erros)
Concordo con você, alfaias. Esa indignación, contodo, non é diferente da que eu sentín xa daquela, vendo o patético tratamento que do tsunami deron os xornais e as televisións os primeiros días.
Enviar um comentário