terça-feira, dezembro 20, 2005

Síntomas

O mesmo día que un feixe de anónimos blogueiros comiamos churrasco e bebíamos licor café producíanse dous feitos sintomáticos do feble estado da nosa cultura carente de debate e o de menor xesto de audacia ou modernidade:

1º Por un lado era reelixido o actual presidente da RAG sen que se presentase ningunha outra candidatura alternativa.

2º Na noite dos primeiros Premios da Edición era elixido coma autor do ano 2005, repito do ano dous mil cinco, Xosé Luís Méndez Ferrín.
E coma libro ilustrado do ano 2005, volvo a repetir do ano dous mil cinco, un de Luis Seoane.

3 comentários:

Martin Pawley disse...

Co doado que era poñerlle outro nome ao premio (algo en plan "Premio O Home Ao Que Lle Colle O Medievo Na Cabeza", ou algo polo estilo)!

torredebabel disse...

será que o futuro atrasa? Apertas!

irreal intauto disse...

Para "audacia e modernidade" a das reunións do blomiyo, non? é moderna "herba moura"? comparada con que?

porque che mola ian curtis, que se non, rei, levábalo posto. a ver se un día podo dicir que progresades axeitadamente. nada nesta vida me gustaría máiss...