A afamada profesora e crítica literaria ao falar do premio afirma:
"pero a frescura e o esforzo de non facer alardes de erudición, e pola actitude humilde e discreta que amosa, sempre pensei que a autora era unha muller.."
Polo tanto a sensu contrario e como autor masculino, eu son reseso, fantasma, fachendoso e lingoreteiro.
quinta-feira, dezembro 15, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Realmente non estivo moi afortunada a ilustre profesora. Hai moito tópico supostamente progresista que non resiste a menor reflexión. Curiosamente, esta clase de comentarios deixan en mal lugar á gañadora do premio, que seguro que fixo un traballo brillante, rigoroso e ben documentado, independentemente do seu sexo. En fin, eu tamén son un lingoreteiro. Un saúdo.
Á marxe de que celebro que te rebeles contra este tópico, gustaríame só engadir que polo que te toca de "novo e con formación universitaria" poderías case entrar no pack, non si?
(E pregúnto: teríamos a mesma reacción se só dixese estes últimos adxectivos?)
Para min este comentario non deixa mal á gañadora do premio, xa que ás virtudes ás que fai referencia son ben gabables. Que a profesora as teña asociadas a un determinado perfil, é outra cousa.
E como se chama o seu blogue?
Enviar um comentário