quarta-feira, dezembro 28, 2005

Perda

Despois de cinco anos, tres pisos e milleiros de quilómetros percorridos, meu fillo rachou polo eixe dianteiro o seu ferrari, coma el o chamaba, botando unha carreira coa irmá polo corredor da casa. Apareceu emocionado no salón co volante nunha man e as rodas noutra chorando. O desgusto duroulle máis dunha hora de bagoas e laios e despois xa máis tranquilo tralos aloumiños da súa nai procurou nos catálogos dos xoguetes por un igual e ensinoumo. Eu trateille de explicar que a vida esta chea de perdas e que tras esta primeira virían moitas máis, pero que tamén gañaría e atoparía moitas outras cousas na súa andaina. Engadín tamén que as horas de lecer que pasou co seu correpasillos dende os seis meses non regresarían se mercásemos outro igual, e que as lembranzas non se poden substituír por outras. Que ese pouso que lle van deixando as persoas, os obxectos, os lugares e as vivencias son o que o van conformando devagar para converterse nun homiño.
Parece que quedou máis convencido ca min, pois xa me vexo co torpe que son facendo bricolaxe caseiro para ver se llo dou amañado, o que non penso é mercarlle un igual, creo.

7 comentários:

Marinha de Allegue disse...

Afortunado o seu neno. Comparto a súa opinión, todo caduca, todo ten o seu tempo, temos que aprender a darlle o valor tanto as cousas coma as persoas no intre que están; non sabemos o que duran, nen siquera o que duramos nos.A perda é un instante de dor mais medramos con ela.
Un beijo para vostede e outro para o neno.
:).

folerpa disse...

Grazas polos beijos Marinha, dareillo da súa parte.
Coma xa dixen outra vez sei que coma pai acerto algunhas veces e moitas outras me trabuco. O que trato día a día é de facelo o mellor posíbel en cosnecuencia cos meus principios e os da súa nai. Nin máis nin menos.

Anónimo disse...

Gustoume muito todo o que lle dixeches o teu neno, pero o que me fixo máis gracia foi a última palabra do teu escrito: creo.
¡os pais somos así! Os fillos fan que cambiemos de idea...
Bicos desde Barcelona, cheos de morriña.
Carmiña

folerpa disse...

Benvida a este estoxo das miñas alfaias muralla. Como ves a dúbida constante pendura sempre sobre a marabillosa angueira de ser pai.
Unha aperta

Laurindinha disse...

Creo que sigo sendo un pouco como o seu neno... Cada vez que perdo ou estrago un obxecto vívoo como unha traxedia...

máis alá disse...

O de ser pai ou nai e moi complicado. As veces hai que ser duro como eses paxaros que empurran á súa cría do niño para que aprenda a voar. Pero a mellor opción sempre é a de facerlles entender as cousas con tenrura e cariño. Coido que ti escolliches esta opción moi acertadamente.

edu disse...

sisisi, muralla, o máis bonito do texto é o "creo".

dío unha vaca chea de contradicións.

apertas, folerpa, que empeces moi ben o ano.