O meu maior mérito literario ata o de agora, aínda agardo polo editor ou xurado que me descubra, foi convivir durante un curso nos tempos de estudante en Santiago nunha pensión cun dos membros do colectivo RONSELTZ, lembro as caixas de pastas Reglero que os domingos sempre traia un compañeiro e que nos devorábamos coa fame dos que tiñamos a vida aínda por diante, proxectos e anceios que de seguro quedaron esluídos no camiño de lousas amarelas.
Lin estes días que fai vinte anos, que non son nada como cantaba o tanguista, que abrollou tan senlleiro e divertido colectivo. Eu aínda gardo xunto cos meus malogrados proxectos e anceios un dos seus fanzines, na contraportada tiña un misto pegado cun celo e unha frase convidábaa a queimalo se non che gostaba. Penso que moitos editores na nosa lingua poderían incorporar tal complemento a moitas das novidades que botan nos estantes das librerías, algúns incluso soprete e bombona.
quinta-feira, março 10, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Se atopas o unicornio de cenorias que cabalga os sábados non o deixes fuxir foi o derradeiro, farturento, rebuldeiro e fermoso estoupido da recente poesía galega.
Eu lembro cando, tras varios intentos infrutuosos, conseguiron espertar ao poeta unha mañá (os intentos foron: música de Metallica por radiocasete aplicado na orella, espertador, petardo e agradable reunión de inquilinos na súa habitación.
Tempos... :-(
Enviar um comentário